A área sanitaria mantén oito pacientes, dous deles graves, ingresados por covid
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés mantén, este mércores 16, oito pacientes ingresados con coronavirus nos seus centros hospitalarios. Cinco atópanse en planta do Hospital Montecelo, un no Hospital do Salnés e dous pacientes covid mantéñense graves na Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
A Consellería de Sanidade sinala que nesta xornada hai 124 casos activos na área sanitaria, catro menos que o martes. Deles, 116 persoas enfermas recupéranse nos seus domicilios sen necesidade de hospitalización.
Realizáronse 245 probas PCR durante as últimas horas, con catro casos novos detectados a través deste sistema.
Non se rexistraron falecementos por esta enfermidade durante os últimos días. Desta forma, o número de decesos segue situado en 181 pacientes desde o inicio do plan de continxencia. Durante este período curáronse 14.077 persoas, dez máis que na xornada de onte.
DATOS EN GALICIA
Segundo os datos ofrecidos por Sanidade, durante as últimas 24 horas detectáronse 65 novos casos en Galicia, cinco máis que na xornada do martes. O número total de casos activos é de 1.346, 33 menos. Atópanse hospitalizadas 62 persoas, cinco menos que hai 24 horas, ás que hai que sumar 15 pacientes graves na UCI.
Por áreas sanitarias, A Coruña-Cee conta con 17 novos casos, 401 e Ferrol tamén aumenta nun caso (93) os casos activos. No resto de áreas diminuíron os positivos con 274 caos en Vigo, 18 menos que o martes; en Lugo 175 (-13); Ourense 145 (-4); Santiago-O Barbanza, 134 (-12) e Pontevedra-O Salnés, 124 (-4).
Nas últimas horas non se rexistraron falecementos na comunidade autónoma e desde o inicio da pandemia a cifra de mortes por covid-19 atópase en 2.430 persoas. Curáronse 124.356 persoas, 98 máis nas últimas horas.
Relacionadas:
-
Os casos activos por covid-19 na área crecen a 120 e os hospitalizados a nove
Por Alejandro Espiño |
-
Os casos de covid-19 volven baixar na área sanitaria, que confirma 11 contaxios diarios e oito pacientes no hospital
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Volve subir lixeiramente o número de casos activos tanto na área sanitaria como en Galicia
Por Redacción |
-
Situación de estabilidade pandémica na área: 128 casos activos con 8 persoas hospitalizadas
Por Redacción |
-
RADIO.- A covid-19 é considerada enfermidade profesional no ámbito sanitario, por sentenza xudicial
Por Marisa Ciordia |
-
A área sanitaria comeza a semana con só 127 casos activos por covid-19
Por Redacción |