Cerdedo-Cotobade destina uns 46.000 euros á apertura do Camiño do Quinteiriño
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de iniciar o ensanche do Camiño do Quinteiriño, no lugar de Vila de Arriba, na parroquia de Santa María de Sacos, que suporá un investimento duns 46.000 euros e permitirá a actuación sobre un trazado duns 400 metros de lonxitude que se verá ampliado ata os 4 metros de ancho grazas á cesión de terreos por parte dos veciños.
As obras permitirán mellorar o ancho deste camiño, moi coñecido no lugar porque daba acceso ao Teleclub, e permitirá tamén que se poida acceder con vehículos de emerxencias e ambulancias a un núcleo habitado dunhas 70 vivendas unifamiliares que ata o momento tiña moi restrinxido o paso a este tipo de dotacións de intervención e auxilio.
Estes traballos de mellora do camiño, que contan co informe favorable de Patrimonio, irán acompañados da colocación de novas canalizacións e tubaxes pertencentes ao servizo municipal de abastecemento de auga e rede de sumidoiros.
O alcalde, Jorge Cubela, agradeceu a colaboración veciñal amosada en todo momento con este proxecto e que permitiu, a través da cesión dos terreos necesarios para anchear o vial ata 4 metros, que poideran levarse a cabo.
Relacionadas:
-
Remata a mellora do acceso a 70 vivendas en Santa María de Sacos
Por Redacción |
-
O ensanche dun camiño en Santa María de Sacos facilitará o acceso de vehículos a 70 vivendas
Por Redacción |
-
A pista entre Piñeiro e Tresaldeas estrea o seu renovado aspecto
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade amplía o seu persoal para poñer baixo control a maleza e mellorar a imaxe dos seus espazos públicos
Por Redacción |