O 'Caldelas Tapas' oferta trece propostas diferentes para degustar
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas celebrou este mércores a presentación ante o xurado das tapas que participarán no 'Caldelas Tapas 2021', unha nova edición desta proposta gastronómica que terá lugar todos os venres do mes de xullo en trece locais de hostalería do municipio.
Nesta edición participarán a Cafetería Acuña, coa 'Tosta Acuña' Cervería Alameda co 'Pastel de Tortilla' restaurante Alborada con 'Brisa dos Alpes' Cafetería Atelier del Delirio con 'Xamón asado estilo Atelier' Bar Valladares con 'Rabito Valladares' Gloria Domecq Catering con 'Focaccia de sardiña' Jamarte con 'Iberican Summer Cornetto' Tapería Klimbin con 'Capricho' Cafetería LaTribu con 'Tosta de Tinga' Cafetería La Terracita con 'Taco mariñeiro' Mesón Parada con 'Tosta de bacalao' Tapería Victoria con 'Ensaladilla Victoria' e Cafetería Verdugolandia con 'Cocochas do Pacífico'.
O xurado profesional estivo composto polo cociñeiro con estrela Michelín Pepe Vieira, a reposteira local responsable de 'Pica e Peca', Conchi Amoedo; e a ex propietaria do Bar Alameda, Ángeles Míguez 'Lita'.
A apertura do sobre co fallo do xurado coñecerase a finais do mes de xullo, unha vez rematada a presente edición, en presenza de todos os participantes.
O prezo das tapas será de 1,50 euros e a bebida pagarase á parte.
Con este tipo de actividades, o Concello de Ponte Caldelas busca dinamizar os establecementos e atraer novos visitantes aos locais do municipio a través dun evento gastronómico que encherá de sabor todos os venres do mes de xullo.