31 anos de cárcere para catro acusados de introducir droga a través do porto de Marín
Por Natalia Puga
A Sección Cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra acaba de condenar 30 anos e 10 meses de prisión a catro integrantes dunha rede de narcotraficantes que introducía droga en España a través do porto de Marín. No xuízo había un quinto acusado que resultou absolto.
O fiscal antidroga, Luis Uriarte, acusábaos de pertencer a "un grupo organizado dedicado á introdución de cocaína en España" e pedía penas que sumaban 53 anos de prisión. Finalmente, o maxistrado da Audiencia impuxo seis anos a Geofrey Palomata, alcumado 'o chinés' de nacionalidade filipina; sete anos e oito meses a Dionisio Lago Benavides, ex cabo da Garda Civil de Rodeiro, e o seu amigo Manuel González Pérez; e dez anos e medio a Julio Casino Escriche.
Este último é un coñecido narcotraficante afincado en Barcelona que foi condenado con anterioridade a 11 anos de prisión por outro delito de tráfico de drogas. No seu caso, lévase a pena maior porque ademais do delito continuado contra a saúde pública que se impón ao resto (se é o caso, con agravante de reincidencia), foi condenado por tenza de arma prohibida e por falsidade en documento oficial.
Na súa declaración ante o tribunal cada un dos acusados rexeitou a súa participación coa chegada ao porto de Marín dunha partida de droga procedente de Sudamérica. O maxistrado só deu por boa esta declaración do tío do exgarda civil, Benxamín B.I., que é o quinto acusado que resultou absolto.
O fiscal acúsaos pola súa presunta participación no tráfico de 57 quilos de cocaína, dos cales sete foron confiscados no
porto de Marín e o resto por un erro dos narcos "ao confundir os palés" incautáronse en Varsovia (Polonia).A pesar da investigación das Forzas e Corpos de seguridade do Estado, unicamente puideron ser identificados algúns dos membros deste grupo organizado e aínda que aparecen referidos durante todo o proceso os nomes de Eusebio, Carlos e Paco "o xordo" non figuran entre os acusados.
Relacionadas:
-
O grupo que introduciu coca polo porto de Marín "aprovechó la fiesta de Cantodarea para pasar desapercibidos"
Por Natalia Puga |
-
Din ao xuíz que se inventaron "toda una película" sobre unha rede que introducía coca polo Porto de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Fiscalía solicita 53 anos de cárcere para unha rede que introducía cocaína a través do porto de Marín
Por Oskar Viéitez |