O porto deportivo de Sanxenxo colga o cartel de completo para o mes de agosto
Por Redacción
O Porto Juan Carlos I de Sanxenxo colga o cartel de completo para o mes de agosto e do 70% para xullo. As cifras rexistradas por Nauta reflicten a tendencia de recuperación e de afianzamento das expectativas turísticas para este verán que xa auguraba o aumento na facturación do aparcamento.
Os datos de rexistro revelan tamén un repunte nos barcos de máis de 11 metros de eslora, un tamaño maior que o que habitualmente atracaba no porto. As oito plataformas para motos de auga tamén presentan un bo nivel de ocupación co 60% para xullo e 90% para agosto.
En definitiva, o incremento de alugueiro de amarres respecto ao mesmo período do ano pasado foi do 284%.
Nauta Sanxenxo manterá este verán, a pesar da relaxación da situación sanitaria, a seguridade nas instalacións do porto deportivo coa limpeza e desinfección cada dúas horas de todos os espazos comúns. Unhas medidas que supoñen un atractivo máis para os que elixen o porto para recalar e gozar de todos os servizos dispoñibles, entre os que se atopan ademais de reposición e reparación, lavandería, aseos e duchas.
Proba diso, é a elección por terceiro ano consecutivo do Porto Juan Carlos I por parte dunha asociación de veleiros que recalará a principios do mes de xullo en Sanxenxo. Serán en total 15 veleiros con bandeira holandesa que participan na Ocean People Azores Adventure Cruise 2021.
Relacionadas:
-
Sanxenxo celebra os bos datos de consumo e a redución do desemprego
Por Redacción |
-
Portonovo estrea un novo estacionamento disuasorio próximo ao mercado de abastos
Por Redacción |
-
O aparcadoiro do porto deportivo rexistra a maior facturación no mes de maio da súa historia
Por Redacción |
-
Sanxenxo recolle os seus 13 distintivos "Q" de Calidade
Por Oskar Viéitez |