Activado o Comité Provincial de Coordinación Policial contra os Incendios Forestais
Por Redacción
Xa se atopa activado o Comité Provincial de Coordinación Policial para evitar os incendios forestais. Este luns, os delegados territoriais de Pontevedra e Vigo, Luís López e Marta Fernández-Tapias, mantiñan unha reunión no edificio administrativo co Tenente Coronel Xefe do Estado Maior da Brigada Galicia, Federico Saénz Peco e xefes territoriais, xefes de servizo de Emerxencias e Prevención de Incendios, ademais de representantes da Subdelegación do Goberno, Policía Nacional, Seprona, Exército de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais.
Con este encontro ponse en marcha o comité para reforzar a vixilancia e o control dos montes de maneira coordinada entre todas as administracións e forzas de seguridade co obxectivo de evitar que se produzan incendios.
O 1 de xullo comeza a época, decretada pola Xunta, de alto risco de incendio. Este período prolóngase ata o 30 de setembro. Os representantes da Xunta informaban durante o encontro da instalación de 22 cámaras máis de última xeración para mellorar o control, en tempo real, dos 71 puntos estratéxicos de Galicia que xa conta con 142 dispositivos por todo o territorio.
A provincia de Pontevedra dispón de doce centros de transmisión de imaxes en tempo real con dous cámaras cada un entre un total de 24 instaladas en toda a provincia. A Xunta ten previsto ampliar o número proximamente. Cada equipo ten dous obxectivos, un ofrece unha rotación de 360 graos e outro se orienta a puntos concretos. As cámaras ofrecen unha cobertura de control ao 70% do territorio, segundo a administración autonómica.
Segundo explicaba Luís López, estes dispositivos permiten prestar especial interese nas Parroquias de Alta Actividade Incendiaria e as Zonas de Alto Risco de Incendio. Nesta xornada tamén se abriu o acceso á información operativa dos incendios en tempo real para o persoal de extinción, que recibirá datos estratéxicos como o punto de inicio do lume, a súa evolución, os recursos existentes, os puntos de auga, a cartografía, vos datos meteorolóxicos ou os medios aéreos.
Relacionadas:
-
Unha rede de 26 cámaras 'espía' o monte pontevedrés para loitar contra os incendios
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
250.000 árbores serán plantadas dentro do Plan de Reforestación en zonas afectadas polos incendios
Por Redacción |
-
Cuntis repetirá brigada anti incendios este verán e empeza a buscar persoal
Por Redacción |
-
A Brilat recoñece ás autoridades que colaboraron nas operacións Balmis, Baluarte e Centinela Gallego
Por Redacción |
-
Poio recibe 80 solicitudes para o servizo de prevención e extinción de incendios forestais
Por Redacción |
-
Prohibidas desde este sábado as queimas agrícolas e forestais polas condicións meteorolóxicas
Por Redacción |
-
Drons, big data e sementes intelixentes para reforestar os montes arrasados polos incendios
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |