Dispáranse as solicitudes de particulares para facer fogueiras de San Xoán en Vilagarcía
Por Redacción
Ante a imposibilidade das celebracións comunitarias das fogueiras das noites de San Xoán e San Pedro en espazos públicos de Vilagarcía de Arousa debido ás restricións pola covid-19, a festa pásase ao ámbito privado onde este ano se multiplicaron as solicitudes de permisos ata chegar ás 475.
Tamén obtiveron permiso 21 establecementos hostaleiros para realizar sardiñadas e barbacoas.
En todos os casos, o Concello lembra que se deben respectar as normas de seguridade respecto ás fogueiras e as sanitarias en vigor.
Pechado o prazo de solicitude, o Concello autorizara a realización de 269 fogueiras en propiedades privadas para a noite de San Xoán e outras 206 para a de San Pedro.
O Concello de Vilagarcía lembra as normas de seguridade que se debe cumprir en toda celebración e que se especificaban no bando informativo publicado hai unhas semanas e tamén na propia autorización.
Relacionadas:
-
A Policía Local de Sanxenxo triplicará as patrullas para controlar as 163 fogueiras autorizadas
Por Oskar Viéitez |
-
A noite de San Xoán haberá en Pontevedra un cento de fogueiras de particulares
Por Redacción |
-
Caldas celebrará San Xoán sen fogueira pero con actividades para todos os públicos
Por Redacción |
-
As Festas de San Xoán desenvolveranse na Seca, no Mosteiro, en Vilariño, no Pereiro e San Martiño
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Vilaboa autoriza fogueiras no ámbito familiar e en terreo particular
Por Redacción |