100 fogueiras iluminarán Marín a noite de San Xoán
Por Redacción
Cando pase un minuto das 23.59 horas deste mércores acenderanse as fogueiras de San Xoán no municipio de Marín para celebrar unha das noites máis especiais do ano. Marián Sanmartín, concelleira de Festas, informaba este martes de que se tramitaron ao redor de 100 autorizacións para a instalación de fogueiras.
O Concello contempla a instalación de cinco cacharelas comunitarias no municipio: a tradicional de Cantodarea; a do Igrexario de San Xulián, na barriada de Mogor; en Miñán; e en Virxe do Carme.
Sanmartín e a concelleira de Turismo Cristina Acuña acudiron ata a zona onde a Asociación de Amijos e Vesiños de Cantodarea están a almacenar o material para a noite de mañá. Nela recréase o faro da Illa de Tambo, coa presenza dunha chalana e con representacións do virus causante da pandemia. Todos os elementos arderán cumprindo cos rituais.
Segundo explicou a concelleira de Festas, todas as fogueiras comunitarias cumprirán normas de control de cantidade de público asistente, entradas e saídas e están expresamente prohibidos os postos de venda ou de repartición de comida ou de bebida. Marián Sanmartín lembrou que este protocolo xa marcou a celebración de 2020 con éxito.
Tamén se pecharán as praias para evitar aglomeracións nelas. entre as 21.00 e as 21.30 horas, axentes da Policía Local precintarán os areais.
Relacionadas:
-
Últimos días para solicitar fogueiras para San Xoán en Marín, que xa leva 40 máis que o ano pasado
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas autoriza 60 fogueiras para celebrar San Xoán e San Pedro
Por Redacción |
-
A fogueira pública de Cantodarea volverá prenderse neste San Xoán
Por Redacción |
-
O San Xoán máis simbólico de Marín: Cantodarea prende lume ao coronavirus
Por Redacción & Mónica Patxot |