Os populares de Poio acoden á Valedora do Pobo pola marquesiña de Casalvito
Por Oskar Viéitez
O voceiro do PP de Poio, Ángel Moldes, remitiu este martes unha carta á oficina da Valedora do Pobo interpoñendo unha queixa formal contra o alcalde de Poio, Luciano Sobral, e o seu Goberno por non instalar unha marquesina de transporte escolar en Casalvito.
O PP sinala que esta queixa prodúcese "despois de que o Goberno de Poio leve anos desatendendo as peticións de veciños, pais e alumnos da zona, tanto de palabra como por escrito".
Ademáis o Grupo municipal do PP alude ao incumprimento por parte do Concello do acordo unánime do Pleno de setembro do ano 2020, cando todos os grupos apoiaron unha moción do Partido Popular esixindo a instalación de dita marquesiña.
No escrito, Moldes lembrou a situación que viven as familias de Casalvito, que durante moitos anos veñen solicitando a reposición deste elemento de protección para que os seus fillos non teñan que agardar o transporte escolar á intemperie, desde que esta marquesiña foi retirada hai máis dunha década.