A oferta de arquitectos multiplica por dez a demanda
Por Oskar Viéitez
Fai non moito tempo que xunto ao prestixio os arquitectos atesouraban unha cómoda situación económica. Anos nos que as oficinas municipais de urbanismo eran un ir e vir de técnicos e documentos.
Co estalido da burbulla todo cambiou. Xa ninguén quere ser arquitecto.
A día de hoxe este colectivo de profesionais está sobredimensionado. A oferta multiplica por dez á demanda.
Un ano máis, no medio desta crise, o Colexio de Arquitectos de Pontevedra fixo unha homenaxe ao arquitecto Alejandro de la Sota visitando a súa obra da Casa Domínguez en Poio.
Ademáis da visita deuse lectura a un manifesto. Nunhas liñas, o colectivo dos arquitectos pretende transmitir á sociedade o papel necesario que a disciplina arquitectónica e os seus profesionais xogan na actualidade.
"A sociedade necesita da arquitectura, a arquitectura necesita aos arquitectos, daquela os arquitectos son necesarios para a sociedade. A arquitectura é imprescindible por cuestións utilitarias, culturais e ambientais", apuntouse.