Tres grandes macetas reforzan a prioridade peonil do Paseo de Silgar
Por Redacción
Tras un ano de prioridade peonil no Paseo de Silgar cun resultado "moi positivo", o goberno local da un paso máis na humanización da contorna coa colocación de tres macetas de gran tamaño situadas no cruzamento en forma de triángulo.
O principal obxectivo é lembrar aos vehículos de motor que se atopan nunha zona de velocidade a 20 quilómetros por hora e que o peón ten sempre preferencia. Trátase, ademais de embelecer a contorna, reforzar con "sinais" verticais a pintura horizontal que delimita o espazo humanizado.
As macetas instaladas nas últimas horas combinan un acivro e adaptable ( Ilex crenata) e unha planta colgante cunha floración prolongada no tempo (Surfinias).
O goberno destaca que a prioridade peonil posta en marcha no Paseo de Silgar o pasado verán coincidindo coa pandemia son medidas que "chegaron para quedarse e para continuar gañando espazos para os peóns".