O servizo de socorrismo de Sanxenxo abre este venres en 6 praias
Por Redacción
Silgar, Areas, Canelas, Montalvo, Baltar e A Lanzada contarán con socorristas e sanitarios a partir deste venres. No resto dos areais iranse abrindo os postos de vixilancia a partir do luns 28.
Nun comunicado emitido polo Concello de Sanxenxo destácase que "a xestión do goberno conseguiu en poucos días mellorar incluso as prestacións que contemplaba o concurso público".
A anticipación da apertura dalgunhas praias e os contratos de 3 meses que se están facendo a todo o persoal de salvamento van permitir que as 17 praias con bandeira azul este verán dispoñan de socorristas durante máis días do habitual. Así, as 13 praias que outros veráns finalizaban o servizo o 31 de agosto, este ano van prolongalo ata mediados de setembro, "polo que os días perdidos van recuperar con fartura".
O Concello de Sanxenxo sinala que sendo moi relevante o número de días que unha praia ten socorristas "non o é menos a calidade do servizo que se presta", para o que é necesario un equipamento sanitario completo e profesionais moi formados. Neste sentido, lembra que o ano pasado o Concello adquiriu novos materiais de forma que as 17 praias con bandeira azul dispoñen de desfibrilador, balón resucitador, botella de osíxeno e mochila de emerxencia que permite saír a atender calquera accidente coa maior rapidez e coa garantía de que levas todo o necesario.
Ademais, os módulos de salvamento teñen padiola anfibia, materiais de curas e inmobilizacións e as medicinas de primeira asistencia.
Grazas ao equipamento sanitario e á profesionalidade dos máis de 70 socorristas e sanitarios que atenden as praias a Adeac outorgou a Sanxenxo un recoñecemento especial á calidade do servizo de salvamento e socorrismo, distintivo que se entrega unha soa vez e que no caso de Sanxenxo foi o ano pasado.
Relacionadas:
-
Os socorristas de Sanxenxo participaron en 5.402 intervencións durante os 68 días de servizo
Por Redacción |
-
Soben os contaxios por covid entre os socorristas de Sanxenxo, con 27% do seu persoal de baixa
Por Diego Espiño |
-
Caneliñas, Bascuas, Pragueira e Foxos tamén contan con socorristas
Por Redacción |
-
A Xunta apoia con 160.000 euros a contratación de 40 socorristas en concellos de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
Sanxenxo dá marcha atrás e contratará os socorristas das súas praias de forma directa
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Comisións Obreiras culpa ao "afán privatizador" de Telmo Martín da ausencia de socorristas en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo, sen socorristas na data anunciada por un erro na licitación do servizo
Por Redacción |