ENCE prepara xa a solicitude de prórroga en Lourizán e Arregui arremete contra o goberno local e a APDR
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot
O presidente de ENCE, Juan Luis Arregui, sinalou en Pontevedra a súa intención de que a empresa permaneza en Lourizán máis alá de 2018 e, neste sentido, anunciou que os avogados da entidade están a elaborar a solicitude para presentala ao Goberno. Así o manifestou nas declaracións que ofreceu aos medios xunto ao conselleiro delegado de ENCE, Ignacio de Colmenares, tras o acto de entrega do premio do Concurso Arquitectónico para a mellora da integración paisaxística.
Arregui, durante o discurso, xa sinalara que a empresa se sente un veciño máis de Pontevedra e que quere seguir séndoo e tamén arremeteu contra o goberno local de Pontevedra por non comparecer a unha reunión organizada pola Consellería na que se analizaba a situación dos residuos fecais na ría pontevedresa e contra a Asociación Pola Defensa da Ría citándoa ao referirse á contaminación das augas da Ría das que "tampoco habla nunca APDR".
Segundo explicou o presidente de ENCE, "nosotros respondemos permanentemente con hechos y pocas empresas tienen lo que tenemos nosotros que es información en Internet diaria que cualquier ciudadano puede ver y que está controlada por la Xunta. Más información no podemos dar". Neste sentido, sobre as compensacións que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, comentara relacionándoas co futuro da factoría na súa actual localización apuntou que "nosotros estamos trabajando en el tema de Ence desde hace 5 años intensamente. Hemos gastado 35 millones de euros. Nosotros compensamos a diario. Creamos miles de puestos de trabajo y tratamos que sea una empresa sostenible en el tiempo. Los millones que hemos gastado en los últimos 5 años".
Arregui aclarou que "nosotros tenemos una magnífica relación con la Xunta, no tenemos ninguna petición formal. Vamos a tener que colaborar en algo pero hoy no tenemos ninguna petición".
Ignacio de Colmenares y Arregui indicaron que la empresa quiere "estar en Pontevedra, si no no estaríamos haciendo lo que estamos haciendo. Es un tema de las autoridades del Estado, no depende de nosotros" en referencia a la aplicación de la Ley de Costas.
Os máximos responsables da empresa sinalaron que a factoría conta cos mellores evacuadores de auga do mundo e alertaron de que Galicia ten que aproveitar o bosque e non dubidou en que "con la buena armonía que tenemos con la Xunta lleguemos a un entendimiento". Juan Luis Arregui insistiu en que teñen plans de crear plantas en Galicia de biomasa e avanzou que queren traballar na creación dunha escola de aprendizaxe da xestión do bosque en colaboración coa Universidade.
DEMANDA DA APDR
Sobre a demanda que anunciou a APDR que quere presentar con motivo dos episodios olorosos sufridos durante este verán, Arregui foi contundente: "Estamos encantados de que la presente pero penal. Que presente como quiera. Hay que ver quién crea los olores". E o conselleiro delegado aclarou: "Hemos cumplido con todo lo que hay que cumplir. Sentimos haber molestado a la población durante dos episodios en el mes de agosto. Nuestro compromiso es absoluto para acabar con todo eso en 2014. Otra cosa es incumplir la ley, cosa que no hemos hecho. Lo que busca APDR responde a una obsesión que tiene Antón Masa con nosotros".
Arregui: "Pensamos que no nos vamos a ir"
Ningún quixo aclarar que prazo manexan para despexar a incógnita sobre a permanencia de ENCE na ría pero Juan Luis Arregui indicou que: "Pensamos que no nos vamos a ir". Ignacio de Colmenares engadiu "Nosotros somos diésel y vamos poco a poco, insistentemente, y mejorando".
Durante o acto no que o primeiro en intervir foi o presidente da Deputación, Rafael Louzán, que foi seguido por unha conferencia do director da Escola de Forestais, Enrique Valero, entregouse o premio do Concurso Arquitectónico para a integración da factoría a Carlos Trullenque que con Marta Orts creou o proxecto gañador Materia Propia.
Relacionadas:
-
Arregui (ENCE): "Lo que hacemos no molesta ni daña a nadie. ¿Por qué nos tenemos que ir si cumplimos la ley?"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PP "confiará nos criterios técnicos" para valorar, "si é o caso", o mantemento de ENCE en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Mosquera: "ENCE ten perfectamente claro quen son os que se opoñen a súa pretensión de gañar moitos máis cartos continuando aí"
Por Redacción |
-
A APDR denuncia a ENCE no xulgado polos escapes producidos o pasado mes de agosto
Por Redacción |
-
Agustín Hernández recoñece que "cambios na lexislación" abren a porta á continuidade de ENCE e de Elnosa
Por Redacción |