O barrio da Moureira recibe o primeiro Premio Gastronómico "Loureiro de Ouro" da Festa das Cunchas
Por Redacción
Nunha cerimonia que se desenvolveu na desembocadura do río dos Gafos (no Monte do Taco), a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, entregou este venres ao Gremio de Mareantes o primeiro Premio Gastronómico "Loureiro de Ouro", outorgado ao barrio da Moureira "pola súa achega histórica á gastronomía da cidade".
O premio foi entregado por Iñaki Bretal, membro da Banda Cociñas e primeiro Estrella Michelin de Pontevedra, e recollido polo Gremio de Mareantes na persoa do seu presidente, José Luis Arellano Guiance.
No acto tamén participaron o tenente de alcalde, Tino Fernández; o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes; o experto en antropoloxía Valentín García Bóveda; o profesor do CIFP Carlos Oroza e asesor de Capital Gastro Ricardo Fernández; e representantes dos colectivos Aempe, Hoempo e Aje.
Yoya Blanco explicou que denominaron a este premio ‘Loureiro de Ouro’ porque este "é na súa humildade, un dos ingredientes máis identitarios da nosa cociña".
A concelleira asegurou que "un dos fundamentos e eixos vertebradores deste Pontevedra Capital Gastro que estamos a poñer en marcha este ano é a recuperación do receitario ancestral, mesmo coa organización doutro evento gastronómico chamado Avoafest, que tamén se celebrará durante o verán".
Yoya Blanco aproveitou este acto para anunciar que á Batalla das Cunchas que se celebrará o vindeiro mércores na Alameda ás 18:00 horas o cociñeiro e showman David de Jorge, ‘Robin Food’, non vai poder asistir finalmente por motivos de axenda. "Pero xa atopamos a alguén de altísimo nivel para substituílo, que é Carlos Maldonado", gañador da terceira edición do programa televisivo Masterchef.
Relacionadas:
-
RADIO.- Turismo gastronómico e sustentabilidade serán as dúas propostas que Pontevedra promocione en FITUR o próximo xaneiro
Por Redacción |
-
Carmela Silva xa é membro honorífico do Gremio de Mareantes
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Avoa Fest recupera o patrimonio gastronómico e homenaxea ás avoas e ás súas receitas
Por Redacción |
-
'O galo que comeu a navalla' de Sergio Roma (O Souto), vencedor da 'Batalla das Cunchas'
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
"En Pontevedra tenéis unas rías magníficas. El producto que dan es de lo mejor que hay"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A hostalería de Pontevedra activa o roteiro da Festa das Cunchas
Por Redacción |
-
Pontevedra aposta polo marisco e lanza a primeira Festa das Cunchas
Por Manu Otero |
-
Primeiros pasos da marca Pontevedra Capital Gastro para converter a cidade en referente gastronómico
Por Redacción |