Toda a programación das Festas do Carme xa está dispoñible nun clic
Por Redacción
O venres 9 de xullo comezarán as actividades que o Concello de Marín programou para este verán con motivo das festas locais. Toda a programación pode xa consultarse a través da web municipal no apartado dun Verán con Xeito.
As Festas do Carme serán o eixo central coa celebración dos esperados concertos de DVicio e a orquestra París de Noia, nas xornadas do xoves 15 e o venres 16 de xullo. Este venres as concelleiras Beatriz Rodríguez e Itziar Álvarez presentaban o cartel para estas festas realizado pola ilustradora Abi Castillo.
No cartel recóllense algúns dos elementos máis característicos desta celebración como son as flores, as embarcacións da vila mariñeira e as mans da Virxe do Carme. Estes carteis serán expostos cos da campaña Un Verán con Xeito en diferentes rúas, en formatos de lonas, segundo informan desde o goberno local.
Aqueles establecementos de hostalería que teñan interese en incluír a súa programación na web municipal poden facelo enviando os eventos que programen a prensa@concellodemarin.es
Relacionadas:
-
Seixo prepárase para as súas festas de verán
Por Redacción |
-
Arrancan as Festas do Carme de Marín, cun ollo posto nas restricións pola pandemia
Por Redacción |
-
Marín inicia esta fin de semana un amplo programa festivo
Por Redacción |
-
O público estará sentado nos concertos de DVicio e París de Noia
Por Redacción |
-
Jose Francisco Gil Dopazo será o pregoeiro das Festas do Carme
Por Redacción |
-
O programa das 'Festas de Verán' xa está na rúa
Por Redacción |
-
Marín aposta por un verán 'con xeito'
Por Redacción |
-
A banda Dvicio e a orquestra París de Noia, pratos fortes das Festas do Carme
Por Redacción |