Técnicos de Canarias, Zaragoza, Valladolid e Madrid visitan Pontevedra para coñecer o sistema de compostaxe integral do Concello
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O Concello de Pontevedra recibiu este luns a visita de catro técnicos de distintas localidades españolas que forman parte do programa Composta en Red. A súa visita pretendía coñecer de primeira man o sistema de compostaxe integral do Concello nas súas tres modalidades: compostaxe individual no rural, compostaxe colectiva nos barrios, e compostaxe a través do colector marrón.
Composta en Red é unha coordinadora de entidades locais de todo o Estado que desenvolven experiencias de compostaxe doméstica e colectiva.
Nestes días, catro técnicos da coordinadora procedentes de Canarias, Zaragoza, Valladolid e Madrid, visitan a provincia de Pontevedra dentro da formación "Maestría en compostaje", e amosaron especial interese por coñecer Pontevedra, onde o sistema de compostaxe chegaba a unha gran parte da poboación.
Os técnicos foron recibidos polo concelleiro responsable da xestión de residuos, Raimundo González e o coordinador do Rural, Alberto Oubiña, así como pola técnica composteira do Concello que se encargou de facerlle unha achega teórica inicial, e a continuación visitar as tres modalidades de compostaxe que se realiza en Pontevedra.
Segundo a información que trasladou o Concello, este técnicos quedaron "gratamente sorprendidos" polo avance do sistema implantado en Pontevedra, xa que nas súas respectivas localidades están en marcha proxectos de compostaxe en fases moi iniciais, por iso querían achegarse a Pontevedra por ser "un dos sistemas máis punteiros e avanzados de todo o Estado".
Relacionadas:
-
Pontevedra baixará o recibo do lixo de decembro por enviar menos toneladas a Sogama
Por Oskar Viéitez |
-
Lores: "O Concello de Pontevedra ten no seu ADN o respecto polo medio ambiente"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Dúas de cada tres vivendas do rural pontevedrés xa teñen composteiro individual
Por Alejandro Espiño |