A Fiscalía considera "claramente acreditado" que este home tentou asasinar a súa exmuller e ao seu fillo
Por Oskar Viéitez
A Fiscalía ratificou a súa petición de condena a 24 anos de cárcere para un veciño de Ponteareas ao considerar que durante o xuízo quedou "claramente acreditado" que é o autor dun delito de asasinato en grao de tentativa cometido contra a súa ex esposa, dun delito de homicidio en grao de tentativa contra o seu fillo e dun terceiro delito de quebrantamento de condena, xa que tiña vixente unha orde de afastamento sobre a súa ex muller.
A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra deixou este martes visto para sentenza este xuízo.
A fiscal sinalou que o testemuño ofrecido polo fillo da vítima ten "verosimilitud, ausencia de incredibilidad subjetiva y persistencia en la incriminación" que está ademais "reforzado" pola "innumerable" cantidade de probas que se achegaron ao longo da vista oral.
As declaracións da muller e do fillo producíronse a porta pechada. A muller sofre unha amnesia parcial e só lembra que pediu auxilio porque lle estaba pegando.
O pasado 9 de xaneiro de 2020, o acusado fora condenado por un delito de ameazas ao dicirlle á súa muller que non ía chegar viva ao Nadal e que lle ía a cortar o pescozo. O xulgado prohibiulle achegarse a menos de 100 metros da súa esposa. Apenas seis días máis tarde, celebrouse a vista do divorcio que acordou que o domicilio familiar, unha vivenda que recibira o acusado en herdanza, sería utilizado por cada un dos cónxuxes por un período alterno de seis meses. Esta medida causoulle "gran malestar" como el mesmo admitiu nun bar do pobo.
O acusado recoñeceu que ese día quebrantou unha orde de afastamento para acceder ao domicilio familiar. Segundo o seu propio testemuño, deixou o coche apartado nun camiño a 500 metros da casa "no quería que me viesen", dixo. Ao entrar na vivenda saudou á súa ex muller e a esta "le dio algo y se desmayó en el suelo", afirmó ante o tribunal, "cayó contra un congelador". "No la golpeé", asegurou.
Un dos catro fillos deste matrimonio, que se atopaba na vivenda, acudiu entón á cociña e "se dirigió a mi, nos agarramos uno y otro y caímos al suelo" e despois "me fui", declarou o acusado.
Este home afirmou que non levaba nada na man e non soubo explicar porqué a súa roupa estaba chea de sangue. Tampouco avisou a ninguén de que a súa muller e o seu fillo estaban inconscientes no chan da casa familiar, "no se me pasó", afirmou. Cando chegou a Garda Civil á súa vivenda atopárono "tranquilo" de ánimo e "frío" nas súas respostas.
Os veciños desta familia viron ao mozo sangrando pola cabeza e pedindo auxilio porque o seu pai estaba a matar á súa nai.
No seu informe final a fiscal indicou que o home se escondeu nun anexo da vivenda co propósito de atacar a súa ex parella "con alevosía" sen que esta lle vise tivese ocasión de defenderse. Tampouco esperaba que estivese ninguén máis na casa porque facía anos que vivían sós desde que os seus fillos se foran tras independizarse.
Para atacar ao seu excompañera utilizou "un objeto contundente" de ferro para golpeala na cabeza "con un ánimo homicida claro". Posiblemente usou o atizador da cheminea ou unha machada, o primeiro obxecto non apareceu pero foi descrito polo fillo mentres que a machada atopouse no lugar do suceso con restos biolóxicos da vítima, tal e como indicou o laboratorio de criminalística da Garda Civil.
As forenses do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) rexeitaron que as lesións que presentaba a muller fosen compatibles cun desmaio tal e como argumentaba ao acusado. Presentaba unha ferida inciso contusa de gran extensión na cara desde a boca ata a carótida, cunha perda parcial da orella. As feridas que presentaba o fillo nos brazos eran "defensivas" presentando un golpe inciso contuso na cabeza "producido cun obxecto contundente" e incompatible cunha caída.
As lesións da muller demostran que o agresor continuaría golpeándoa "con reiteración y brutalidad" utilizando ese obxecto. A muller sufriu diferentes secuelas tras a agresión necesitando varias intervencións cirúrxicas e perdendo o bazo.
Por todo iso, ademais da petición de condena a 24 anos de cárcere a fiscal solicita unha indemnización de 50.000 euros para a muller e de 15.000 euros para o fillo.