Acordan celebrar o San Miguel o domingo 3 de outubro
Por Redacción
A celebración de San Miguel, un dos días máis esperados do ano en Marín, atrásase ao mes de outubro.
Ao coincidir este ano o propio día de San Miguel en mércores (29 de setembro), acordouse fixar o domingo 3 de outubro como data para os festexos.
Así o decidiu o Padroado de San Miguel, reunido este martes no Ateneo Santa Cecilia de Marín.
Tomada a decisión só queda agora esperar que a situación da covid permita gozar dunha programación festiva o máis próxima posible á normalidade pre-pandémica.