O bosque de secuoias de Poio acollerá o terceiro Encontro Provincial de Asociacións de Mulleres
Por Oskar Viéitez
O terceiro Encontro Provincial de Asociacións de Mujeres de Pontevedra celebrarase o próximo día 3 de xullo no bosque de secuoias do concello de Poio.
O evento está organizado por Mulleres en Igualdade de Poio en colaboración coa Federación pola Igualdade da Provincia de Pontevedra (Femupo) e financiado pola Xunta e o Goberno de España.
Segundo explican desde a organización, este ano quérese render homenaxe "a todas as asociacións polo seu traballo e entrega durante a pandemia".
En representación do tecido asociativo da provincia estarán a Asociación Empresarial EnPoio, a Asociación Española contra o Cancro de Pontevedra e a Asociación de Galicia Solidaria (Asdegal). Destacando que "máis do 90 por cento do seu voluntariado e das súas xuntas directivas están formadas por mulleres". Tamén participará a secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella.
Ao evento foron convidadas asociacións de Poio, Vigo, Tui, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Ponte Caldelas, Pontevedra, Bueu, Porriño, A Garda e Lalín "que representan e dan visibilidade ao gran número de asociacións femininas existentes en Pontevedra e ao labor que realizan desde hai anos".