Un centenar de nenos participan no 'Concilia Bueu 2021'
Por Redacción
O Concello de Bueu iniciou este xoves, 1 de xullo, os campamentos do programa 'Concilia Bueu', unha iniciativa na que participarán un cento de nenos de 3 a 12 anos durante os meses de xullo e agosto.
A rapazada gozará de diversas actividades lúdicas e deportivas coas que pasarán as mañás de luns a venres en horario de 8 a 14 horas.
Ana Isabel Otero, concelleira de benestar social, e Xosé Leal, edil de cultura e ensino, participaron na inauguración deste programa social que ten por obxectivos favorecer a conciliación laboral e familiar, e ofrecer unha alternativa de lecer para os pequenos despois do remate do curso escolar. Por iso, ao igual ca no pasado ano, o programa será de balde para as familias, asumindo o Concello a totalidade do custe do mesmo.
A rapazada goza estes primeiros días das salas de usos múltiples da Piscina Municipal das Lagoas, onde se desenvolverán os obradoiros que logo terán lugar entre certos espazos do CEIP A Pedra, tanto de infantil como de primaria, o IES Johán Carballeira ou o Pavillón Municipal de Deportes Pablo Herbello. Así, os nenos distribuiranse en grupos reducidos adaptados aos protocolos da Covid-19 e tamén se promoverán os lugares abertos e as saídas.
Relacionadas:
-
‘Concilia Bueu’ despídese ata o próximo verán
Por Redacción |
-
80 nenos de Barro participan no Pazo da Crega nunha nova edición do "Espazo Concilia"
Por Redacción |
-
'Concilia Bueu', un programa de conciliación con 100 prazas en xullo e agosto
Por Redacción |
-
Bueu activa un plan especial de verán no barrio de Banda do Río
Por Redacción |