A pandemia segue descontrolada na área sanitaria, con 62 novos positivos nun día e un paciente máis en UCI
Por Natalia Puga
A pandemia da covid-19 segue descontrolada na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, cunha escalada de contaxios desde fai máis dunha semana que non se detén. Este sábado 3 de xullo confirmáronse 62 novos positivos nunha xornada e, ademais, empeorou lixeiramente a situación da unidade de Coidados Críticos, que ten un paciente máis.
Segundo o balance oficial do Servizo Galego de Saúde, este sábado hai 413 casos activos de covid-19 na área sanitaria. Son 46 máis que o día anterior a pesar de detectarse 62 novos positivos porque recibiron o alta 16 pacientes.
Do total de casos activos, 401 son pacientes asintomáticos ou con síntomas leves que se recuperan en illamento nos seus domicilios e os outros 12 están ingresados en dous hospitais da área sanitaria, un máis que o día anterior.
En concreto, hai catro pacientes en Coidados Críticos do Hospital Montecelo e 8 ingresados en planta de hospitalización, 3 deles no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 5 no Hospital do Salnés.
Durante a última xornada realizáronse 758 probas PCR’ s, que elevan a 250.447 o total das xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria.
Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 14.236 pacientes e faleceron 181 pacientes.
EVOLUCIÓN EN GALICIA
En Galicia tamén seguen crecendo os casos activos. Nas últimas 24 horas confirmáronse 230 novos contaxios que, restados os 87 pacientes de alta, elevan o total de casos activos a 2.136, 142 máis que o venres.
Nos hospitais tamén aumentan os pacientes en UCI, dúas máis que o día anterior, pero diminúen os ingresados en planta, catro menos. En total, hai 53 hospitalizados, 42 en planta e 11 de críticos.
Aínda que A Coruña mantense como a área sanitaria máis afectada, con 597 casos activos, 23 máis que o día anterior, Pontevedra consolídase como a segunda con maior número de positivos, con 413, 46 máis.
En xeral, aumenta os casos en todas as áreas galegas excepto en Ferrol, que ten 8 casos menos, situándose en 74. En Vigo hai 359 (31 máis), en Ourense son 254 (25 máis), en Lugo sitúanse en 230 (6 máis) e Santiago son 209 (19 máis.
Desde o inicio da pandemia faleceron en Galicia 2.437 persoas, 1 nas últimas 24 horas.
Relacionadas:
-
A pandemia, disparada na área sanitaria, con tres pacientes máis no hospital e 55 contaxios nun día
Por Natalia Puga |
-
O ritmo de contaxios non se detén na área sanitaria e suma 55 novos positivos
Por Natalia Puga |
-
A área sanitaria rexistra 60 contaxiados máis nas últimas 24 horas
Por Oskar Viéitez |
-
Os contaxios por covid soben ata os 34 no último día elevando a 262 os casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |