"A min a San Marcos", a campaña solidaria con moita retranca dunha funeraria
Por Oskar Viéitez
San Marcos Servizos Funerarios lanzou unha orixinal campaña solidaria que terá unha duración de 3 meses e na que todo o diñeiro recadado será doado á Asociación Down Xuntos Pontevedra.
Os vídeos da campaña promovida por esta empresa funeraria xa foron publicados en redes sociais con gran acollida. Neles saen: Manolita, "a percebeira"; Pepiño, "o xubilado disfrutón" ou María, "ama de casa todoterreo", que explican situacións da súa vida diaria, conscientes dos perigos que isto lles supón. É por iso que, "para quedar tranquilos e non deixar o futuro en mans do azar", levan a camiseta coa mensaxe "A min a San Marcos, por favor" para que os seus achegados saiban o que queren chegado o momento.
Usando o humor e a retranca, esta campaña supón un cambio de paradigma para unha empresa funeraria. Con este iniciativa, o director de San Marcos Servizos Funerarios, Juan Perdiz, convida a "normalizar" este tema "demasiado silenciado e a miúdo evitado".
"Igual que un elixe o que quere en vida, debe facelo na morte, e unha gran vida merece unha gran homenaxe", afirma Juan Perdiz, "elixir San Marcos é garantía de que estarás nas mellores mans, cun trato familiar, próximo, que dista moito das grandes compañías onde todo é impersonal, aquí coñecémonos de toda a vida".
ASOCIACIÓN DOWN PONTEVEDRA XUNTOS
Manuel Pérez Cabo, presidente de Down Xuntos Pontevedra, espera que a venda de camisetas sexa un éxito e sirva tamén como altofalante para concienciar á cidadanía da importancia do apoio a este tipo de entidades sociais.
En Down Pontevedra Xuntos traballan desde hai case 30 anos cun claro obxectivo: mellorar a calidade de vida das persoas con síndrome de down e como consecuencia conseguir a súa inclusión en todos os ámbitos.
En sucesivas campañas, San Marcos, a través desta peza solidaria, axudará a outras asociacións e colectivos con necesidades.
PUNTOS DE VENDA CAMISETAS
As pezas -cun prezo de 6 euros- pódense adquirir na sede de Funeraria San Marcos (Rúa Camposanto 2, Pontevedra), na da Asociación Down Pontevedra Xuntos (Rúa Gorgullón 41, Pontevedra) e na Óptica Vilas (Daniel de la Sota 9, Pontevedra).
Relacionadas:
-
Funeraria San Marcos tamén aposta todo ao granate
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Funeraria San Marcos impulsa o Proxecto Raíces para lembrar a persoa falecida cunha árbore
Por Noticia patrocinada |
-
A empresa funeraria San Marcos reparte ao redor de 200 roscas en albergues, residencias, hospitais e policías
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Funeraria San Marcos doa 'smartphones' para que ingresados en Montecelo poidan facer videochamadas ás súas familias
Por Redacción |
-
Funeraria San Marcos ofrece dispositivos para que as persoas invidentes accedan a esquelas e documentos
Por Redacción |
-
Grande expectación para coñecer o renovado Tanatorio Pontevedra
Por Redacción |