Instalan un parque acuático na praia de Baltar e habilitan tres campos de voleibol e un de fútbol
Por Redacción
A praia de Baltar contará este verán cunha ampla oferta lúdica e deportiva. Tres pistas de voleibol e unha de fútbol praia xa se atopan delimitadas para a práctica deportiva nun dos accesos situado nun extremo do areal urbano.
Os campos que son de uso libre acollerán durante as fines de semana torneos de disciplinas sen contacto como voleibol, futvoley e tenis praia. Os interesados en participar poderán inscribirse a través da páxina www.verandeportivo.com. O obxectivo do Concello de Sanxenxo é incrementar a oferta de actividades municipais e fomentar a práctica deportiva ao aire libre.
PARQUE ACUÁTICO
A concesionaria do parque acuático, Newportsunbeach, abrirá ao público a partir deste martes en horario ininterrompido de 11:30 a 20:30 horas. As instalacións contan cunha superficie de 1.750 metros cadrados con rocódromos, tirolesas, birlos de equilbrio. Túneles e tobogáns de distinto tipo.
O aforo estará limitado a 50 persoas por quenda de uso e o acceso poderase realizar a nado ou en embarcación. A lámina de auga na que se atopa a instalación está valada para garantir a seguridade do parque. Os usuarios deben ter máis de 5 anos ou medir máis de 0,90 centímetros.
APARCADOIRO DO VARADERO DE PORTONOVO
Desde este luns o varadero do porto de Portonovo xa conta cun espazo libre para aparcamento cunha capacidade para máis de 80 vehículos. O uso deste espazo prolongarase durante a tempada estival grazas a un convenio asinado entre o Concello de Sanxenxo e Portos de Galicia, que contou coa boa disposición da Confraría de Pescadores de Portonovo.
Este aparcadoiro gratuíto resulta moi importante para a actividade económica, especialmente hostaleira, que se desenvolve ao longo da Avenida Rafael Picó, pero tamén para o resto da vila mariñeira.