Cuntis terá unha 'casa niño' para nenos e nenas de 0 a 3 anos
Por Redacción
Cuntis contará cunha 'casa niño', un centro de atención para nenas e nenos de 0 a 3 anos completamente gratuíto para as familias. É o único municipio pontevedrés que foi incluído na nova liña de axudas aprobada pola Xunta de Galicia.
As casas niño son un servizo de atención á infancia para os concellos do rural de menos de 5.000 habitantes, que ofrecen unha atención próxima e individualizada para os máis pequenos.
Cada centro pode acoller ata cinco nenos, recordan desde a Consellería de Política Social, que defende que é un programa pioneiro que ten como obxectivo dotar a todos os concellos de Galicia dun servizo de conciliación.
Tras a concesión desta axuda, os impulsores da 'casa niño' de Cuntis terán dous meses para achegar toda a documentación requirida e acreditar que o inmoble onde se vai poñer en marcha o servizo está acondicionado para atender aos nenos e nenas que o usen.
Os nove centros autorizados permitirán que Galicia alcance as 93 casas e as 465 prazas de atención para nenos e nenas de 0 a 3 anos dentro de esta iniciativa.