Espectacular presentación da Unidade de Cabalería da Policía Nacional que patrullará montes e camiños
Por Cristina Saiz & María José Pita
Este verán está marcado polo retorno dos peregrinos ao Camiño de Santiago. Non só por ser Ano Santo, senon porque a situación da pandemia permite unha maior presenza de visitantes en Galicia.
Para asegurar que todos os viaxeiros gocen das súas rutas con plenas garantías de seguridade, a Unidade de Cabalería da Policía Nacional estará a patrullar polos camiños galegos. A este labor súmase a súa misión habitual, cada verán desde 2013, de vixilancia preventiva para evitar incendios forestais e actuar en caso de producirse algún, coordinados coa posta en marcha do dispositivo de extinción necesario.
"Nuestra cadencia de paso a caballo nos permite tener mucha visión, tanto en el monte como en el Camino, y acceder a sitios que con un vehículo, incluso todoterreno, no se puede llegar, e ir de un camino a otro atravesando el monte en menos tiempo", declara Julio Serrano, o subinspector do Corpo Nacional de Policía encargado da Unidade de Cabalería.
Acompañado dos seis integrantes do contixente que vai patrullar pola comarca de Pontevedra, este martes dábase inicio á campaña estival cun percorrido pola ponte do Burgo e varias rúas da cidade que suscitou a atención de numerosos veciños. Ao acto, tamén asistiu a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, quen explicaba como vai ser a actuación neste ano Xacobeo, tras o parón obrigado de 2020 debido á pandemia.
"Este escuadrón de cabalería do Corpo Nacional de Policía vai estar destinado en Galicia ata setembro dentro do Programa de Turismo Seguro e vai cubrir a ruta entre Redondela e Pontevedra. A anterior, desde Tui a Redondela, vai estar cuberta por outro escuadrón con características similares da Garda Civil. Vai percorrer o Camiño Portugués para prestar atención especialmente os peregrinos que transitan por el pero tamén para a seguridade en xeral do rural e a prevención dos incendios forestais durante a tempada estival", explica a subdelegada do Goberno.
Os seis cabalos que forman parte desta patrulla son de pura raza española, coñecida no oficio polo seu acrónimo PRE, unha raza especialmente preparada para enfrontar diferentes terreos, tanto urbanos como rurais, e contornas de traballo hostís. "Acabamos de venir de la Eurocopa de Sevilla, donde han hecho un trabajo excelente entre los pitidos y el barullo de la gente, así que para ellos ir por el monte es casi como un descanso, es su entorno natural", apunta o subinspector Serrano.
Os seis equinos responden aos nomes de Hubara, Leocadio, Rendal, Heredia, Falce e Linette. O seu labor é imprescindible en tarefas tan delicadas como a procura de desaparecidos. Foi o caso da intervención na busca da esquiadora Blanca Fernández Ochoa hai dous anos pola madrileña serra de Guadarrama, cun desenlace tráxico, e do que se ocupou esta mesma Unidade de Cabalería en coordinación con diferentes efectivos.
Nestas actuacións, unha característica que diferencia a estes animais é a súa "capacidad de aguante, porque patrullar por el monte requiere una mayor capacidad física del caballo, a diferencia del recorrido por la ciudad", aclara Julio Serrano, á vez que indica que os xinetes están preparados para intervencións inmediatas, "son policías nacionales igual que el resto, con su arma" e o mesmo equipamento que calquera axente, coa única diferenza de que levan botas de montar e unha adaptación no uniforme para poder inclinarse nos máis complicados desempeños profesionais sen abandonar a montura.
Relacionadas:
-
A Policía Nacional saca a cabalería para axudar ao peregrino e previr incendios
Por Natalia Puga |
-
A provincia blíndase para garantir un turismo seguro
Por Natalia Puga |
-
A loita contra o lume saca a cabalería
Por Natalia Puga |
-
Loita a cabalo contra os incendios forestais
Por Redacción |
-
Todos contra o lume, tamén a cabalo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |