O público estará sentado nos concertos de DVicio e París de Noia
Por Redacción
Os concertos de DVicio e da París de Noia finalmente serán sentados. Así o decidiu o Concello de Marín dada a situación sanitaria, cun aumento da incidencia acumulada, que obriga por normativa sanitaria a que os eventos destas característicias non se celebren de pé.
Este cambio vén determinado polo protocolo recomendado pola Xunta de Galicia para a organización de eventos culturais de gran formato.
Estes dous concertos son os únicos para os que é preciso facer unha reserva previa de entradas. No caso de DVicio, abriuse a pasarela de reserva, tanto online como presencial no Museo Torres, este martes. Para reservar as da París de Noia será preciso agardar ao xoves ás 11.00 horas.
Debido á obrigatoriedade de facelo sentado, as entradas estanse a dispensar coma dobres, é dicir, por cada cuadriño que se reserva van dúas prazas. Se este sistema supuxo algún erro ou confusión, aquelas persoas que teñan dúbidas poderán acudir ata este mércores ao Concello, ao departamento de Alcaldía, ou ao Museo, para comprobar as súas entradas.
O feito de cambiar a modalidade do concerto de de pé a sentado tamén permite un maior control, polo que foi posible ampliar o aforo de 1.200 a 1.830 persoas en total que poderán entrar a ver o espectáculo, creando fluxos de entrada e saída únicos e seguros para cada parcela do recinto.
O Concello lembra que, para evitar o acontecido na proba piloto, se hai persoas con entrada que non acuden ás 22.30 horas ao concerto, liberaranse esas entradas e poderán ser repartidas entre as persoas que se acheguen ao recinto.
Ao mediodía, xa foran reservados máis de 1.500 asentos.
Relacionadas:
-
O reparto de entradas para os concertos de DVicio e París de Noia nas Festas do Carme de Marín, a partir deste martes
Por Redacción |
-
Toda a programación das Festas do Carme xa está dispoñible nun clic
Por Redacción |
-
A banda Dvicio e a orquestra París de Noia, pratos fortes das Festas do Carme
Por Redacción |