Ence: contribución á bioeconomía, a economía circular e a transición enerxética
Un novo paradigma chegou para transformar a economía tradicional, lineal, e avanzar cara a unha economía circular: a bioeconomía. Este novo modelo, baseado no aproveitamento responsable dos recursos naturais, é un aliado imprescindible para a loita contra o cambio climático e supón unha fonte xeradora de emprego estable e riqueza. Promóvese, a través del, o uso sostible de recursos renovables, substituíndo aqueles baseados en combustibles fósiles por outros con menor pegada ambiental.
O avance cara a unha economía verde xa non é unha alternativa máis, senón unha necesidade que reclama a sociedade. Neste contexto, a bioeconomía, e sobre todo aquela que provén do mundo forestal, está chamada a desempeñar un papel crave. A partir do monte e os seus recursos forestais a sociedade pode obter bioprodutos de maneira sostible, cun impacto positivo na contorna rural.
Neste novo modelo, as empresas transformadoras xogan un papel fundamental. Ence, compañía líder en produción de celulosa sostible e en xeración de enerxía eléctrica renovable con biomasa, é un bo exemplo diso. A compañía contribúe ao emprego no medio rural, achegando actividade ao sector forestal e loxístico, e contribuíndo á fixación de poboación nas contornas nas que opera. Ao mesmo tempo, e como parte do seu compromiso coa sustentabilidade, impulsa unha xestión sostible dos montes, para garantir un aproveitamento responsable actual e futuro.
A celulosa producida na biofábrica de Pontevedra é un material con grandes posibilidades e de futuro. Trátase dunha fibra natural, renovable, reciclable e biodegradable, e moi versátil, que, cunha produción sostible e medioambientalmente respectuosa, é a base de numerosos produtos de consumo habitual. É capaz de substituír ás fibras sintéticas, producidas a partir de petróleo, en multitude de aplicacións, o que a converte nun aliado ambiental moi destacado.
A produción de celulosa que se desenvolve na biofábrica de Ence Pontevedra supón un claro exemplo de economía circular, xa que no proceso priman as máximas de redución e reutilización. De feito, a actividade de produción de celulosa da biofábrica foi recoñecida por AENOR co selo ambiental "Residuo Cero", certificando a valorización da práctica totalidade dos residuos xerados.
Non en balde, Ence considera a sustentabilidade como un eixo fundamental ao longo do seu proceso produtivo, e por iso desenvolve a súa actividade de forma respectuosa coa contorna na que opera. Isto permitiulle obter á biofábrica de Lourizán diferentes recoñecementos que acreditan o seu compromiso ambiental, baseado no cumprimento rigoroso e exhaustivo da normativa vixente, entre os que destaca a etiqueta ecolóxica Nordic Swan, que é aval de cumprimento dos criterios máis esixentes de eficiencia e respecto ambiental.
Relacionadas:
-
Guarro Casas e Ence: celulosa e sustentabilidade
Por Noticia patrocinada |
-
Día Mundial do aforro de enerxía: a contribución á descarbonización da enerxía renovable xerada con biomasa
Por Noticia patrocinada |
-
A importancia da celulosa para superar a crise económica
Por Noticia patrocinada |
-
Ence: Produtos hixiénicos e sanitarios básicos fabricados con celulosa
Por Noticia patrocinada |
-
A industria da celulosa ofrece alternativas para loitar contra o cambio climático
Por Noticia patrocinada |
-
É posible unha alternativa natural ao plástico? A celulosa podería ser a solución
Por Noticia patrocinada |