Preocupa a asistencia "francamente baixa" da mocidade aos cribados
Por Alejandro Espiño
A quinta vaga da covid-19 converteuse é unha ameaza cada vez máis real. E nela, os mozos están a ter un protagonismo especial. Ao non estar vacinados, os contaxios están a concentrarse, case na súa totalidade, entre a poboación de 18 a 35 anos.
Por iso é polo que as autoridades sanitarias tomaran a decisión de "intensificar" os cribados para detectar asintomáticos entre a mocidade, segundo avanzou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que lembrou que o virus " non está vencido".
Así, toda a capacidade diagnóstica estará centrada na realización destas probas, tanto para persoas que sexan citadas como para os que queiran acudir voluntariamente. Haberá puntos de tomas de mostras sen cita previa.
Pero todo este esforzo non serve de moito se, unha vez citados, os mozos non acoden a realizarse as probas. Iso está a pasar, advirten desde Sanidade. A asistencia está a ser "francamente baixa", segundo García Comesaña. Apenas acode un terzo da poboación diana.
Desde as autoridades sanitarias apelan á "responsabilidade" dos mozos e da súa contorna familiar porque eles "tamén se contaxian, tamén acaban hospitalizados ou na UCI", e mesmo en casos leves rexistráronse "complicacións non menores" a medio ou longo prazo.
O doutor Pedro Rascado, da UCI da área de Santiago, lembrou que "o risco cero non existe" para os mozos, polo que "non podemos minimizar as consecuencias" desta incidencia, situada nos 294 casos por cada 100.000 habitantes, o triplo da media galega.
"Hai que ser prudentes. Que ninguén quede en casa cando se lle chame para un cribado", engadiu o doutor Rascado. Actualmente, as doce persoas ingresadas nas UCI galegas teñen entre 30 e 38 anos, matizou o conselleiro de Sanidade.
A este respecto, dos 215 positivos detectados a raíz do macrogromo de Baleares, 144 son da área de Pontevedra. Ademais, outras 173 persoas están en corentena como contacto estreito. No hotel de Mallorca continúan nove mozos galegos e once dos 21 que viaxaron en barco a Valencia deron positivo tras marchar de Baleares.
Relacionadas:
-
Os "treintañeros" pontevedreses vacínanse menos que os seus maiores
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan máis de tres mil persoas de Pontevedra, Caldas, Poio e Marín a novos cribados
Por Redacción |
-
Sanidade ve "estancada" a situación epidemiolóxica en Pontevedra e Poio
Por Alejandro Espiño |
-
O lecer nocturno pontevedrés poderá reabrir se esixe certificados de vacinación ou PCR negativa
Por Alejandro Espiño |
-
As autoridades sanitarias instan a acudir aos cribados voluntarios ante a baixada da participación
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra confírmase como a zona de Galicia máis afectada polo brote de Mallorca, con 125 positivos
Por Natalia Puga |