Xuízo ao cura salesiano: "No denunciaron antes porque tenían miedo a que no les creyeran"
Por Oskar Viéitez
A sección cuarta da Audiencia provincial de Pontevedra acolleu este mércores a segunda sesión do xuízo contra Segundo C.V., o sacerdote do colexio Salesianos de Vigo, acusado de doce delitos de abusos sexuais a seis menores de 16 anos.
Durante esta xornada compareceron tres das vítimas que quedaban por declarar ante o tribunal provincial así como outros mozos que foron testemuñas do ocorrido no verán de 2019, durante un campamento de verán que dirixía este sacerdote e que estaba organizado polo colexio María Auxiliadora da congregación dos Salesianos, a través da asociación xuvenil Abertal.
Nese campamento, segundo relataron as vítimas, o acusado tocoulles os xenitais e introduciu a man dentro dos seus pixamas ou dos seus sacos de durmir. Segundo unha testemuña, unha noite "hasta once veces" o sacerdote tocoulle os xenitais a un dos alumnos.
A declaración das vítimas foi a porta pechada. Segundo explicou o avogado Francisco Javier Lago Calvo, avogado que exerce a acusación particular en nome da Fundación Amigos de Galicia, "los menores estuvieron contundentes en su declaración y sin contradicciones con lo que ya habían manifestado anteriormente durante la instrucción" polo que cre que a acusación "ha quedado acreditada", ademais, engadiu que no relato dos mozos non hai "ausencia de incredibilidad subjetiva, ni enemistad, ni ánimo vindicativo previo".
"Este señor tenía una gran ascendencia sobre los menores y para ellos resultaba increíble lo que les estaba pasando", comentou este letrado.
Na segunda xornada do xuízo, un dos testemuños máis rechamantes foi o da moza que animou ás vítimas para denunciar os abusos sexuais que estaban a sufrir por parte do cura. Ela explicou na sala que os seus amigos "no denunciaron antes porque tenían miedo a que no les creyeran" polo ela e outra compañeira avisáronlles "como no lo digáis vosotros lo decimos nosotras".
Os mozos relataron entón os abusos a un monitor do campamento que "se quedó en blanco, en shock" e non fixo nada, polo que acudiron a outro monitor que lles recomendou que polas noites deixasen a porta da habitación aberta "e que gritaran". Os mozos para "defenderse" xuntaron todas as liteiras e deitáronse "con las almohadas entre las piernas".
Mentres esta testemuña declaraba, o acusado mostrouse visiblemente nervioso, xesticulando iradamente detrás do biombo. Mesmo se retirou a máscara para comunicarlle algo aos seus avogados que se atopaban ao outro lado da sala.
Os monitores do campamento tardaron máis de 24 horas en chamar aos pais dos mozos e poñer os feitos no seu coñecemento. "La actuación del colegio ha sido totalmente negligente", sostén a avogada de tres dos menores, Aída Blanco. O colexio non presentou denuncia, foron os pais dos chicos quen acudiu á xustiza.
Esta letrada subliñou a "valentía" destes mozos ao denunciar estes feitos "para que no sigan pasando". "Es sabido por todos los que nos dedicamos a esto que una persona así, por desgracia, no se para. Es decir, podría haber habido otras víctimas", destacou Aída Blanco.
Relacionadas:
-
Orde nacional e internacional de detención do salesiano condenado a 32 anos de prisión por abusar de menores
Por Redacción |
-
O TSXG confirma a condena a un cura salesiano por abusar de seis menores
Por Redacción |
-
Trinta e dous anos de cárcere para un sacerdote de Vigo que abusou de seis menores
Por Alejandro Espiño |
-
"Os tocamentos, por moi fugaces que sexan, son abusos sexuais"
Por Natalia Puga |
-
Os forenses consideran "creíble" o relato dos menores que acusan de abusos sexuais ao cura dos Salesianos
Por Oskar Viéitez |
-
O cura salesiano nega durante o xuízo que abusara sexualmente de seis menores
Por Oskar Viéitez |
-
Piden 67 anos de prisión para un relixioso salesiano por abusar de seis menores
Por Natalia Puga |