A Lama incorpora á súa frota municipal un novo vehículo para labores ambientais
Por Redacción
O Concello da Lama acaba de incorporar un novo vehículo á súa frota municipal destinado a realizar labores de protección do medio ambiente e o espazo natural.
Con máis de 111 quilómetros cadrados de terreo e como un dos municipios máis extenso da provincia, este novo vehículo dará servizo ás brigadas municipais.
Trátase dun coche 'pick- up' para o que o Concello recibiu algo máis de 20.000 euros de axuda da Xunta de Galicia ao amparo do Fondo de Compensación Ambiental.
Por outra banda en cuestións ambientais, a administración local levou a cabo obras de mellora na rede de saneamento e na rede de recollida de augas pluviais en varias rúas do lugar de Laxedo, nunha actuación que contou cunha achega autonómica de máis de 65.000 euros.