Convocan máis de tres mil persoas de Pontevedra, Caldas, Poio e Marín a novos cribados

Por Redacción
Un total de 3.330 persoas de 18 a 35 anos están convocadas para participar nos novos cribados que convocou o Servizo Galego de Saúde para detectar portadores asintomáticos da covid-19 entre os mozos e mozas de Pontevedra, Caldas, Poio e Marín.
As probas, que serán con PCR e con test de antíxenos, vanse a realizar entre mañá venres 9 de xullo e o luns 12 de xullo, segundo anunciaron as autoridades sanitarias.
Os cribados poboacioais comezarán mañá na escola obradoiro de Caldas, onde están citadas 1.530 persoas.
O resto, 1.800 persoas, son de Pontevedra, Poio e Marín. Terán que acudir, o sábado, o domingo e luns, ata o punto PCR situado no aparcamento lateral do Hospital Provincial.
O procesado das probas PCR recollidas efectuarase no laboratorio de Microbioloxía do Hospital Provincial de Pontevedra e tanto eses resultados coma os dos test de antíxenos enviaranse á poboación mediante mensaxe SMS.
Nos casos positivos, o Servizo Galego de Saúde contactará coas persoas para informarlles sobre as medidas preventivas a adoptar.
Relacionadas:
-
Unha unidade móbil realizará este sábado test de antíxenos na praza de España
Por Redacción |
-
Só o 38% dos citados acode á primeira xornada de cribado en Vilagarcía, con 10 positivos detectados
Por Redacción |
-
A poboación de 16 a 35 anos poderá pedir autocita para realizar cribados a próxima semana
Por Redacción |
-
Sesenta e seis novos contaxiados elevan a 663 os casos activos por covid-19 na área sanitaria
Por Alejandro Espiño |
-
As farmacias de Pontevedra xa poden expedir o certificado de vacinación da covid-19
Por Redacción |
-
Requisitos para ir aos pub de Pontevedra: PCR negativa de 72 horas antes, vacina completa ou covid nos últimos 6 meses
Por Natalia Puga |
-
Preocupa a asistencia "francamente baixa" da mocidade aos cribados
Por Alejandro Espiño |
-
As autoridades sanitarias instan a acudir aos cribados voluntarios ante a baixada da participación
Por Oskar Viéitez |