A pontevedresa Ana Biempica recibe a dose tres millóns da vacina contra a covid-19 en Galicia
Por Oskar Viéitez
Galicia alcanzou este venres os tres millóns de vacinacións contra a covid-19 administradas entre a súa poboación. A pontevedresa Ana Biempica, de 46 anos, foi a receptora desta vacina que lle foi administrada no Recinto Feiral de Pontevedra este venres ás 10:30 horas pola enfermeira Teresa Villanueva.
"La verdad es que estoy supercontenta de haber recibido por fin la pauta completa", declarou Ana Biempica con "sorpresa" ante a repercusión mediática que tivo a súa vacinación co preparado de Pfizer. "Estamos todos deseando que esto pase, que todo el mundo se ponga las vacunas y que podamos vivir un poco de normalidad", engadiu.
Ana Biempica animou a toda a cidadanía a vacinarse "que no duden, esto es para el beneficio de todos".
O xerente da área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, José Ramón Gómez, agradeceu o traballo do persoal de enfermería destinado nestes puntos de vacinación. Nesta área sanitaria xa se superaron as 305.000 doses administradas o que supón que unhas 137.000 persoas, un 50% da poboación da área, xa teñen a inmunización completa e unhas 50.000 (18%) teñen tan só unha dose.
José Ramón Gómez tamén valorou a situación epidemiolóxica neste distrito sanitario destacando que se está evitando a saturación dos hospitais, a día de hoxe están 4 pacientes críticos na UCI e 10 hospitalizados en planta, pero alertou sobre o incremento da incidencia acumulada en case todos os concellos da área. "Tiñamos nove concellos con cero casos hai quince días e agora temos en todos", lamentou o xerente.
Pola súa banda, a coordinadora de vacinación covid-19 no Recinto Feiral de Pontevedra, Consuelo Rodríguez, lamentou que entre un 25 e 30% da xente da franxa de idade de 30 a 39 anos non acode á primeira cita da vacina, cando noutros rangos de idade alcanzouse o 90% de concorrencia.
Relacionadas:
-
As vacinas déronnos un respiro fronte á pandemia
Por Alejandro Espiño |
-
Os "treintañeros" pontevedreses vacínanse menos que os seus maiores
Por Oskar Viéitez |
-
As farmacias de Pontevedra xa poden expedir o certificado de vacinación da covid-19
Por Redacción |
-
Requisitos para ir aos pub de Pontevedra: PCR negativa de 72 horas antes, vacina completa ou covid nos últimos 6 meses
Por Natalia Puga |