Ponte Caldelas ultima os detalles da mellora da Avenida de Galicia
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas está ultimando detalles da obra de mellora da Avenida de Galicia para inaugurala a vindeira semana.
Xa está todo o mobiliario urbano instalado, bancos, papeleras e xardineiras, as prazas de aparcamento pintadas e están finalizando as zonas axardinadas formadas por plantas baixas e céspede natural.
Esta intervención, ademáis, consistiu en crear unha vía de sentido único con calmado de tráfico, incorporando unha 'zona noble' empedrada diante do edificio consistorial e a igrexa, reformando de maneira completa o entorno a custe cero para o Concello, xa que os traballos corren a cargo dos Fondos Europeos, nun 80%, e do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, cun 20%.
A mellora, que tamén está en marcada no 'Modelo Ponte Caldelas', saíu a licitación por 409.211,33 euros (IVA incluído) e foi adxudicada a Obras, Reformas y Saneamiento SL (ORESA) por 286.979,91 euros (IVA incluído).
Finalmente, o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, explicou que con toda esta obra a Avenida será un espazo "para o uso de desfrute de todos os veciños de Ponte Caldelas".
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas presume das obras feitas "a custe cero" para os veciños
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas estrea pasos de peóns cun pintado especial
Por Redacción |
-
A Deputación aproba axudas para os concellos, as estradas provinciais, o sector primario e os festivais de cinema
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas solicitará unha inxección de liquidez para avanzar nas obras subvencionadas con fondos europeos
Por Redacción |