Remata a mellora de accesibilidade no entorno da praia fluvial da Xesteira
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de rematar os derradeiros flecos que quedaban para mellorar a funcionalidade e accesibilidade da praia fluvial da Xesteira, na parroquia de Almofrei, unha das zonas de baño con auga de cualificación “excelente” coas que conta este municipio.
Os traballos levados a cabo polo Concello consistiron básicamente na limpeza integral da praia fluvial e o acondicionamento dos accesos existentes.
Aproveitando esta intevención en profundidade, o Concello de Cerdedo-Cotobade acometeu tamén a reparación da fonte existente así como do seu caudal que se vira moi afectado polo paso do tempo e un proceso natural de entullo que reduciu a súa capacidade de subministro de auga.
Ademais, o Concello realizou un replanteo total do terreo e do entorno da praia fluvial da Xesteira para favorecer a súa accesibilidade sobre todo a persoas con problemas de mobilidade que ante a acción das choivas do inverno e o propio desgaste provocado polas augas que discurren por Concello de Cerdedo-Cotobade debaixo do terreo foron erosionando e transformando a orografía da zona e transfomándoa nun lugar incómodo para andar. Así, elimináronse fochancas, zonas de paso perigosa e se procedeu a un achantamento do terreo.
Outras reparacións que acometeu o Concello na praia fluvial da Xesteira foi a reparación do valado metálico que rodea a zona de baño e a instalación doutro de seguridade na ponte ademais de proceder a un achandamento total da zona areosa e a correción correspondente do perímetro da praia para gañar espazo de lecer e tamén para os bañistas.
O alcalde, Jorge Cubela, agradeceu a Francisco Villanueva e a súa familia a súa colaboración coa veciñanza a través da cesión deses terreos que nos permiten agora ter un mellor acceso a esta praia e que vai redundar no beneficio de todos.
Relacionadas:
-
A humanización de espazos públicos en Cerdedo-Cotobade, nas mans da veciñanza
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade dispón xa doutras oito vivendas rehabilitadas para alugueiro social
Por Redacción |
-
Cerdedo reabre a área de lecer fluvial
Por Redacción |
-
Limpan as áreas recreativas e as praias fluviais de Cerdedo-Cotobade ante a chegada do verán
Por Redacción |