A quinta onda suma outros 78 contagios este domingo na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
O Servizo Galego de Saúde notifica este domingo 741 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 45 casos activos máis que onte sábado.
Nas últimas 24 horas confirmáronse 78 contaxios novos.
O número de pacientes hospitalizados mantense en doce persoas atendidas entre os tres hospitais da área sanitaria. Oito deles están hospitalizados en planta e outros catro están ingresados en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo.
O resto dos que contraeron o virus atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.
Desde o inicio da pandemia 14.339 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, nas últimas 24 horas foron 28 as persoas curadas.
Durante a pandedima rexistráronse 181 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 258.070, nas últimas horas fixéronse 1.011.
A estas probas súmanse as 89.848 probas de antígenos e outras 95.496 probas de detección realizadas ata a data.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.561 deles 883 son da área da Coruña, 447 da de Lugo, 823 da de Ourense, 786 da de Pontevedra, 960 da área de Vigo, 484 da de Santiago e 178 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 56 en unidades de hospitalización e 4.494 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 126.642 persoas curadas, rexistrándose 2.439 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.415.188.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.055.575.