Inician as probas dos novos sistemas de depuración biolóxica da EDAR dos Praceres
Por Redacción
Durante as próximas semanas as obras de mellora na depuradora de Os Praceres poderán xerar malos olores. É a advertencia á veciñanza que realizan desde a Xunta de Galicia. O motivo, as probas que se van a realizar cos novos sistemas de depuración biolóxica.
A posta en marcha destes reactores biolóxicos obrigará a encher os tanques da depuradora con auga residual. Esta situación, engade a administración autonómica, é temporal e desaparecerá cando estea cargada a masa biolóxica que realiza a función de depuración.
A Xunta pide desculpas aos residentes da contorna e lembra que é un paso imprescindible para a mellora dos tratamentos da depuradora e da mellora da calidade das augas da ría.
As probas con este novo sistema prolongarase ata o mes de setembro, no que se prevé dar por finalizadas as obras, que supoñen un investimento de 16,5 millóns de euros.
A reforma tecnolóxica executada pola Xunta na depuradora dos Praceres permitirá mellorar a curto prazo a depuración das augas residuais dos concellos de Marín, Poio, Pontevedra e Vilaboa, co obxectivo de cumprir os límites de vertido marcados pola directiva europea.
A intervención recolle a remodelación do tratamento secundario existente, coa fin de garantir a correcta depuración de ata 900 litros por segundo de auga residual.
A solución executada consiste na modificación do reactor biolóxico existente para dispoñer dun tratamento de leito móbil e unha posterior clarificación das augas mediante un proceso físico-químico con lastrado por microarea.
Ademais, ampliouse a liña de fango para ter en conta as novas achegas e realizáronse unha serie de actuacións previas para manter o funcionamento da depuradora durante as obras.
Esta actuación completarase coa construción do novo emisario submarino, que xa está en execución e permitirá unha mellor devolución das augas limpas á ría. Estas obras supoñen un investimento da Xunta de 12 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Estriceres alerta do mal cheiro e o ruído que causa a reformada depuradora de Praceres
Por Redacción |
-
Así avanza a perforación do túnel do tramo terrestre do emisario en Praceres
Por Redacción |
-
Aprobados máis de dez millóns de euros para o contrato de explotación da depuradora dos Praceres
Por Redacción |
-
Augas de Galicia recibe ofertas de 9 empresas para a redacción do proxecto do novo bombeo de Poio
Por Redacción |
-
A depuradora dos Praceres, en servizo en setembro despois das obras de mellora
Por Redacción |
-
A Xunta asina a acta de replanteo para o inicio das obras do emisario submarino
Por Oskar Viéitez |
-
Augas de Galicia recibe 10 ofertas para a redacción do proxecto de mellora do bombeo de Cocheras
Por Redacción |