Asinado o convenio para dotar de saneamento ao núcleo de Reboredo en Campo Lameiro
Por Redacción
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, asinaron este martes nas dependencias da Xunta en San Caetano (Santiago de Compostela) o convenio de colaboración para dotar de servizo de saneamento ao núcleo de Reboredo.
O investimento total nesta actuación será de 400.000 euros, dos que a Consellería, a través de Augas de Galicia, cofinanciará o 80% e o 20% será achegado polo Concello de Campo Lameiro.
A entidade local tamén asume a realización das xestións pertinentes para posibilitar a execución das obras, así como a recepción, mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo.
Unha vez selado este acordo, Augas de Galicia poderá licitar as obras, que teñen un prazo de execución de catro meses.
Na actualidade, o núcleo de Reboredo carece de sistema de saneamento municipal adecuado, contando unicamente cunha canalización de augas pluviais de recente implantación.
As obras recollidas no convenio permitirán a Augas de Galicia executar as intervencións necesarias para levar as augas residuais urbanas á estación depuradora existente na Laxe para o seu tratamento.
Para iso, construirase unha nova rede con 1.386 metros de lonxitude total, formada por seis colectores de saneamento de augas fecais, con tubaxe. Os pozos de rexistro executaranse no mesmo lugar, con cerco e tapa de fundición.
Con estas obras darase servizo a unha poboación de 65 habitantes para o ano horizonte do ano 2041.
Relacionadas:
-
Trece empresas optan a executar as obras de saneamento en Reboredo
Por Redacción |
-
Licitación inminente da obra de construción da rede de saneamento de Reboredo
Por Redacción |
-
Avance nas obras do vial de acceso á contorna histórica de Moimenta
Por Redacción |
-
Aprobada a autorización para dotar de saneamento ao núcleo de Reboredo en Campo Lameiro
Por Redacción |
-
O saneamento para o núcleo de Reboredo, en Campo Lameiro, custará 400.000 euros
Por Redacción |
-
Luisa Piñeiro trasladará á Xunta as peticións do Concello de Campo Lameiro
Por Redacción |
-
O alcalde de Campo Lameiro pregunta polas obras de saneamento no lugar de Reboredo
Por Redacción |