Aparatoso accidente sen feridos de madrugada en Sanxenxo
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo informou dun accidente ocorrido esta madrugada, 3:40 horas, na estrada de Aios.
Os ocupantes, de 21 e 24 anos, non resultaron feridos, a pesar da aparatosidade do accidente.
Non estivo implicado ningún outro coche.
Ata este lugar da parroquia de Noalla desprazáronse a Policía Local e o Servizo de Emerxencias.