A decisión da Audiencia Nacional é, segundo Lores, un "fracaso estrepitoso" do "cambalache ilegal" entre o PP e ENCE
Por Alejandro Espiño
Para o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a sentenza da Audiencia Nacional que anulou a prórroga concedida á fábrica de Ence ata 2073 é un "fracaso estrepitoso" do "cambalache ilegal" orquestrado entre o PP e a empresa.
Tras coñecer esta resolución xudicial, Fernández Lores responsabilizou "especialmente" desta situación ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; ao expresidente do Goberno, Mariano Rajoy; e aos responsables do PP de Pontevedra.
Todos eles, en conivencia cos directivos da empresa pasteira, "puxeron en perigo" a actividade da fábrica pontevedresa e os seus postos de traballo "por non buscar a única solución lóxica e legal" que, ao seu xuízo, era o traslado a outra localización "como garantía de futuro".
O rexedor pontevedrés, que lembrou que desde o Concello "sempre consideramos ilegal esa prórroga", lamentou que a empresa e o PP tentasen "enganar" á sociedade pontevedresa e aos traballadores "mediante unha fraude de lei".
A este respecto, o alcalde fixo un chamamento á dirección da empresa e a Núñez Feijóo para que "deixen de enganar a todo o mundo" e comecen a traballar na "única solución posible" que, segundo reiterou, pasa pola saída da fábrica da ría de Pontevedra.
Relacionadas:
-
"As sentenzas deben cumprirse", advirte o Ministerio de Transición Ecolóxica tras a anulación da prórroga a ENCE
Por Diego Espiño |
-
"Estamos ante un día triste", asegura a Xunta sobre o "golpe irreversible para Galicia" que supón a sentenza de ENCE
Por Diego Espiño |
-
O PSOE celebra a sentenza de ENCE e insta a Feijóo a buscar "de inmediato" alternativas de traslado
Por Alejandro Espiño |
-
Ana Pontón ve un "triunfo" a sentenza de ENCE e pide ao PP e á empresa "asumir a derrota"
Por Alejandro Espiño |
-
Domínguez lamenta que o futuro de 500 familias de Pontevedra "se ensombrezca"
Por Alejandro Espiño |
-
A Audiencia Nacional anula a prórroga de ENCE
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada