Respiro térmico no inicio dunha semana na que ameaza a inestabilidade
Por Redacción
A intensa calor rexistrada o pasado sábado nas Rías Baixas, con temperaturas que superaron os 30 graos, quedou definitivamente atrás.
Segundo a previsión do servizo autonómico de meteoroloxía, MeteoGalicia, a semana comeza suavizando o termómetro caracterizados por "unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco nubrados ou despexados".
En todo caso, coa posibilidade ademais de néboas matinais que persistan sobre todo o martes, durante os primeiros días da semana non se espera que as temperaturas superen os 23 graos de máxima, con mínimas en moderado descenso ata roldar os 14 graos.
MeteoGalicia avanza ademais que co paso dos días a inestabilidade gañará terreo quedando Galicia nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións.
Esta circunstancia, prognostica o servizo meteorolóxico, fai que se esperen "ceos con nubes e claros coa probabilidade de choiva aumentando nos últimos días", sinala con respecto á próxima fin de semana.