A.M.A. outorga a súa máxima distinción a Juan José Badiola, ex presidente do Consello Xeral de Veterinarios
O presidente de Honra de A.M.A. e presidente da súa Fundación, o doutor Diego Murillo, e o presidente da mutua, o doutor Luís Campos, fixeron entrega da máxima distinción da compañía, a medalla e a insignia de Ouro e Brillantes a Juan José Badiola, ex presidente do Consello Xeral dos Colexios Veterinarios de España.
O recoñecemento concedéuselle "pola súa ampla e brillante traxectoria profesional e o seu excelente traballo como investigador" e entregóuselle no transcurso dun acto celebrado na sede de A. M.A. en Madrid ao que asistiron numerosos presidentes dos Consellos Xerais das diferentes profesións sanitarias, presidentes de Colexios Oficiais de Veterinarios, membros do Consello de Administración de A M.A., patróns da Fundación e personalidades do ámbito sanitario e xurídico, que encheron un salón de actos protocolizado con todos os "requirimentos Covid"
Tras unhas palabras de "sincero agradecimiento" aos presentes, Diego Murillo celebrou a axuda "que siempre, en los momentos más difíciles", Badiola mantivo coa Mutua, "sin la más mínima duda".
Neste senso, engadiu que "los veterinarios jugáis un papel muy importante en el desarrollo de nuestra sociedad, en nuestro país y en la salud pública, algo que no siempre ha sido reconocido por la sociedad y por una parte del sistema sanitario de nuestro país".
Tras facer un percorrido polos fitos máis importantes da brillante traxectoria profesional do homenaxeado, o presidente de Honra de A. M.A. destacou a súa habilidade "para hacer fácil lo difícil, su gran capacidad de trabajo y una entrega sin límites" en todo o que desenvolve.
O presidente de A.M.A., Luís Campos, fixo repaso do perfil máis persoal e humano do homenaxeado, a quen cualificou como o "referente mundial en enfermedades de origen animal, seguridad alimentaria y salud pública" e destacou a súa "sencillez, disciplina y talante humano, además de su humildad y capacidad para el trabajo en equipo".
Juan José Badiola tivo emotivas palabras de agradecemento persoal para Diego Murillo e para Luís Campos: "la relación profesional -sinalou- fue evolucionando hacia una relación de afecto y confianza"; e destacou o orgullo que lle produce este recoñecemento porque "A.M.A. es la casa de todos los sanitarios".
"Me gusta esta casa por la seriedad y la solvencia que siempre ha demostrado; yo duermo tranquilo porque sé que la mutua siempre está ahí, velando por nuestra defensa profesional", subliñou Badiola.
O acto estivo conducido polo doutor Bartolomeu Beltrán, conselleiro de A. M.A. e director de Prevención de Atresmedia, quen lembrou o lema das facultades de Veterinaria ‘ Higia pecoris, salus populi’ (a hixiene do gando, a saúde do pobo), para sinalar que os veterinarios sempre foron figuras imprescindibles na sociedade.
Relacionadas:
-
O Dr. Diego Murillo, presidente de honra de A.M.A, premiado co galardón de Empresario do Ano
Por Redacción |
-
A.M.A. recibe o Premio "A tu Salud" polo seu apoio incondicional aos profesionais sanitarios durante a pandemia
Por Noticia patrocinada |
-
Raquel Murillo pide a adaptación do marco normativo sanitario á nova realidade post pandemia
Por Noticia patrocinada |
-
A.M.A. analiza o presente e futuro das vacinas nun seminario web do máis alto nivel profesional
Por Noticia patrocinada |
-
A Fundación A.M.A. lanza a VIII edición do Premio Mutualista Solidario
Por Noticia patrocinada |