Marín renovará a iluminación pública no lugar de Malvido
Por Redacción
Case 54.000 euros, que nun 70% proceden dunha subvención da Xunta de Galicia, vai investir o Concello de Marín na renovación da iluminación pública no lugar de Malvido, segundo informou este luns o goberno municipal.
O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acompañado de representantes veciñais, acudiu ao lugar para comprobar o alcance este proxecto, que buscar mellorar a prestación deste servizo e apostar por un maior aforro enerxético.
A renovación do alumeado será total, coa incorporación de 18 novos postes de apoio e a substitución de 71 luminarias por unhas novas tipo LED de baixo consumo. Tamén se cambiará o cableado e os cadros eléctricos de control.
Con este proxecto, segundo Novas, "conseguiremos avanzar na mellora estética da infraestrutura luminaria, algo polo que tamén apostamos desde o Concello, loitando contra o deterioro e mellorando a integración paisaxística".
O prazo de execución da obra, que xa está en marcha, é de aproximadamente 45 días.
Relacionadas:
-
Malvido xa conta con novo alumeado público
Por Redacción |
-
Marín adxudica a renovación e mellora do alumeado público no lugar de Castro
Por Redacción |
-
Máis puntos de luz e renovación total da iluminación no lugar de Castro
Por Redacción |
-
Rematan as obras de alumeado público da estrada Vilaseca – O Pazo
Por Redacción |