O Círculo de Empresarios de Galicia amosa a súa preocupación polo futuro incerto de ENCE na ría
Por Redacción
A reunión que mantiña este luns a xunta directiva do Círculo de Empresarios de Galicia centrouse na análise da resolución da Audiencia Nacional que anula a prórroga da concesión á empresa papeleira Ence.
A conclusión dos integrantes desta asociación é que resulta preocupante a sentenza polos "riscos para a economía da provincia e para Galicia" que tería un posible peche da factoría. Sinalan que non se trata só do emprego directo e indirecto que depende da fábrica pasteira senón tamén doutros sectores como o forestal, transportes e servizos anexos.
Círculo sinala que un peche sería vital para a economía pontevedresa dentro dun proceso "preocupante e desalentador" de desindustrialización que, segundo sinalan, sofre Galicia cos casos de Alcoa, os estaleiros Barreiras e Vulcano, ou de Endesa, Naturgy e Gamesa. Alertan tamén da inseguridade xurídica e da dificultade burocrática á que se enfrontan as empresas en España.
Coinciden co vicepresidente e conselleiro de Economía, Francisco Conde, en que a sentenza sobre a prórroga de Ence é un "golpe irreversible para Galicia", pero desmárcanse do representante da Xunta en relación aos fondos europeos. A xunta directiva do Círculo ve con escepticismo a posibilidade de que mediante a utilización dos fondos europeos poida abordarse o traslado da fábrica a outro lugar en Galicia.
Entenden que as axudas económicas europeas deben destinarse a "potenciar investimentos de nova xeración e non a cubrir a industria instalada e inviable como consecuencia de actuacións administrativas irresponsables que perseguían o peche da devandita factoría".
Relacionadas:
-
García Pedrosa, de CC.OO.: "A sentenza de Ence é un monumento á falta de independencia do poder xudicial neste país"
Por Anxo Lourido |
-
A Cámara de Comercio advirte que o peche de ENCE sería un "enorme retroceso" para Galicia
Por Redacción |
-
ENCE afunde na bolsa tras a sentenza que anula a prórroga da súa fábrica en Pontevedra
Por Redacción |
-
O comité de empresa da fábrica de ENCE apura as vías de negociación para evitar un peche inminente
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Lores sobre a sentenza de ENCE: "Quen puxo en perigo os postos de traballo foi o cambalache do PP coa empresa buscando mecanismos ilegais"
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |
-
"ENCE está en pie de guerra. Lo vamos a dar todo en las calles"
Por Alejandro Espiño & Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
ENCE esgotará "todas as vías xurídicas" para defender a legalidade da súa prórroga
Por Alejandro Espiño |
-
A Audiencia Nacional anula a prórroga de ENCE
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada