A Comisaría dá a benvida a 43 policías que pasarán nove meses en prácticas na provincia
Por Redacción
A Comisaría Provincial da Policía Nacional de Pontevedra deu este martes a benvida a 43 policías alumnos que durante os próximos meses completarán a súa formación na provincia.
O acto de benvida realizouse nas instalacións da rúa Joaquín Costa e estivo presidido pola comisaria provincial, Estíbaliz Palma, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, así como os responsables de área da Comisaría.
Todo o alumnado procede do centro de formación da Policía Nacional en Ávila e realizará o seu período práctico de formación nas diferentes comisarías da provincia de Pontevedra.
En concreto, 14 incorporaranse á Comisaría de Pontevedra, 21 á de Vigo e catro a Marín e Vilagarcía de Arousa.
Os policías en formación estarán nas distintas comisarías nove meses, durante os cales recibirán unha formación xeral sobre as distintas áreas de actuación policial: Seguridade Cidadá, Policía Xudicial, Policía Científica, Estranxeiría e Fronteiras e Información.
Relacionadas:
-
Dez policías en prácticas para a comisaría de Pontevedra e catro para Marín e Vilagarcía
Por Redacción |
-
A Comisaría di adeus a 16 policías que completaron as súas prácticas en Pontevedra
Por Redacción |
-
As comisarías da Policía Nacional en Pontevedra, Marín e Vilagarcía incorporan novos efectivos
Por Oskar Viéitez |