O PP celebrará o congreso para renovar a súa cúpula provincial o 18 de setembro
Por Redacción
O Partido Popular de Pontevedra renovará a súa cúpula despois do verán. A Xunta Directiva que se celebrou na tarde deste martes acordou que o 18 de setembro celebrará o seu congreso provincial.
No congreso participarán 705 compromisarios, dos cales 141 son natos e 564 electos. Trátase do menor número posible de compromisarios permitidos polo regulamento, unha decisión adoptada polo partido como medida de prevención ante a pandemia sanitaria da covid-19.
O presidente provincial, Alfonso Rueda, salienta a importancia de renovar equipos para preparar as municipais de 2023, e destaca "a forza e a unidade" dun partido que ten moi claro o que precisa a provincia e cada un dos seus concellos.
A Xunta Directiva acordou tamén outros detalles deste XVII cónclave provincial, para o que se poderán presentar candidaturas a partir do martes 27 de xullo.
Os militantes que desexen optar á presidencia do partido poderán presentar a súa candidatura ata o mércores 4 de agosto. Deberá estar acompañada de 75 apoios, tal e como recollen os estatutos do partido.
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidatos, abrirase unha campaña interna de 17 días, desde o venres 27 de agosto ata o domingo 12 de setembro, para que os que se presenten poidan expoñer o seu programa para a nova etapa e buscar apoios.
Relacionadas:
-
O congreso provincial do PP xa ten lema: "Camiñamos xuntos"
Por Redacción |
-
Alfonso Rueda aspira a continuar como presidente do Partido Popular provincial
Por Redacción |
-
Pontevedra é a provincia que máis compromisarios achega ao congreso do PP de Galicia
Por Redacción |
-
Rueda celebra o papel "decisivo" do PP de Pontevedra na vitoria "histórica" de Núñez Feijóo
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |