Queixas populares polo mal estado das beirarrúas entre Campelo e Lourido
Por Redacción
A comisión informativa de Urbanismo do Concello de Poio recibía este martes as queixas veciñais, trasladadas polo Partido Popular, das persoas residentes na Rúa Anafáns, na parroquia de San Salvador.
As queixas débense aos danos aparecidos nas novas beirarrúas da estrada entre Lourido e Campelo, segundo explica o portavoz do PP, Ángel Moldes. As lousas da nova beirarrúa foron levantándose en diversas zonas e mesmo ante pasos de peóns converténdose, segundo os populares, nun punto de risco de posibles caídas.
A veciñanza tamén trasladou a Moldes a súa preocupación porque cando chove algún dos sumidoiros en lugar de absorber a auga termina por expulsala. Rocío Cochón, representante do PP na comisión de Urbanismo, solicitaba ao goberno local que execute a garantía da obra e reparen as diversas deficiencias aparecidas durante as últimas semanas.
A concelleira popular tamén indica que, meses atrás, solicitaran que se regulase a iluminación pública da rúa porque a luz permanecía orientada só á zona pola que circulan os vehículos e non á dos peóns.
Segundo Cochón aínda que o concelleiro de Urbanismo afirma que xa está resolto este problema, os residentes manteñen as súas queixas. Por este motivo demanda unha revisión de toda a zona.
Relacionadas:
-
Concentración do PP de Poio para pedir que o diñeiro dunha subvención "quede en Campelo"
Por Redacción |
-
Os populares de Poio convocan un acto para reclamar ao Tripartito "os 420.000 euros dos veciños de Campelo"
Por Redacción |
-
A reforma da estrada de Campelo habilitará unha gran praza na zona de A Granxa
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local sopesa acudir á vía expropiatoria para poder construír as beirarrúas en Campelo
Por Oskar Viéitez |