O PP denuncia o "abandono" do mercado de Frei Juan de Navarrete e pide sacar a concurso os postos baleiros
Por Alejandro Espiño
Un terzo dos locais do Mercado Municipal Virxe do Camiño, tamén coñecido como mercado de Frei Juan de Navarrete, atópanse pechados e abandonados. Para o grupo municipal do Partido Popular esta situación débese "a la dejadez" do goberno de Fernández Lores cara a estas galerías comerciais "de las que se olvidaron hace años". De aí que reclamen que saquen "cuanto antes" a concurso os locais dispoñibles.
Os concelleiros populares César Abal e Jacobo Moreira visitaron esta venres as instalacións, nas que existen 26 locais, e reuníronse con representantes da asociación de usuarios do mercado, quen lles transmitiron, segundo explicaron os edís do PP, o seu malestar polo desinterese por parte do Concello, xa que a última actuación foi a regularización das concesións administrativas feitas por Teresa Casal no 2007.
Os populares lamentan que haxa locais que leven máis de sete anos pechados "por culpa de esta parálisis municipal" e apreman a Fernández Lores para que leve adiante canto antes o proceso de reactivación dos postos. "Estas galerías están muriendo poco a poco y el Concello parece que no quiere hacer nada por remediarlo", explicou Jacobo Moreira. A pesar de que existe, dixo, moito interese de particulares polos locais baleiros.
Moreira asegurou que con máis de 8.100 parados no municipio, non entenden como o Concello non ten actuado xa para ofrecer novas oportunidades de traballo. "Incluso los pocos comerciantes que quedan en el lugar reconocen que para poder mantener sus negocios necesitan de otros que se instalen en la zona, para generar de esta forma movimiento y no caer en el olvido y el abandono por parte del consumidor".
Neste sentido, denunciaron o "nulo mantenimiento" das instalacións, nas que non se efectúa ningún arranxo dende hai tres anos, "e incluso uno de los locales tiene un hueco en el techo al que se accede desde la calle y por el que ya entraron a robar". Ademais de esixir que solucionen estas deficiencias, o PP reclamou a urxente licitación dos novos postos, primando á mellor oferta económica a sobre pechado.