Loureiro Crespo ultima a súa reforma e quedará aberta este venres
Por Redacción
A reforma da rúa Loureiro Crespo estará rematada nas próximas horas, tras o asfaltado que se está a realizar este mércores 21 de xullo e o pintado da calzada previsto para a noite.
Unha vez finalizada a obra, comezarase a instalar o mobiliario urbano. O conxunto de árbores previsto demorarase ata o remate completo do barrio do Castañal. A rúa abrirá este venres 23 para o seu uso pleno, incluíndose tamén nesta apertura a travesía da Eiriña.
A actividade relacionada con esta actuación continúa o seu avance cunha demora relacionada coa petición da empresa responsable dunha prórroga de catro meses para rematar os traballos, aprobada pola Xunta de Goberno o pasado 12 de xullo.
O atraso nas obras foi debido á situación sanitaria provocada pola covid-19 e as diversas dificultades técnicas que xurdiron durante a execución da obra, como as relacionadas coa instalación das redes de telecomunicacións.
No barrio do Castañal a reforma iniciarase a vindeira semana, momento no que comezarán os traballos en Ernesto Caballero, que mudará radicalmente a súa fisonomía, pasando a ser unha rúa de plataforma única, con capas de formigón confinadas entre lastro de pedra, amais de novo arborado e mobiliario urbano nas zonas de maior ancho.
Estas medidas serán aplicadas tamén nas rúas Forcarei e Amor Ruibal, namentres as rúas Mestre Soutullo e Ramón Cabanillas ampliarán as beirarrúas e manterán un único carril de circulación. A finalización destes traballos está prevista para o mes de novembro.
Relacionadas:
-
O final das obras en Loureiro Crespo e O Castañal atrásanse a marzo de 2022
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello espera inaugurar a reforma de Loureiro Crespo a finais de novembro
Por Oskar Viéitez |
-
Corte de tráfico por obras na rúa José Malvar por risco de afundimento na calzada
Por Redacción |
-
Restricións de tráfico en Loureiro Crespo desde o mércores 7
Por Redacción |
-
Cortan ao tráfico as rúas Loureiro Crespo e Casimiro Gómez para avanzar na súa reforma
Por Redacción |
-
O peche do cruzamento de Rodríguez Seoane e Loureiro Crespo se prolongará até finais de xuño
Por Redacción |