Nomes de ámbito europeo, nacional e local para as rúas do parque empresarial de Nantes
Por Redacción
O crecemento do parque empresarial de Nantes, que ten preto do 25% da súa superficie ocupada ou en trámites de estalo, leva xa ao inevitable momento de poñerlle nome ás súas rúas, pera facilitar a localización das empresas.
O goberno local realizou unha proposta con nomes para todas elas que levará ao próximo pleno da corporación. Inclúe unha combinación de nomes de ámbito europeo, nacional e local.
O principal vial que atravesa o parque lonxitudinalmente de leste a oeste denominarase avenida de Europa e o segundo viario en importancia que percorre o parque en sentido perpendicular ao vial principal será a avenida de España.
Tamén haberá dous viais que manteñen na súa denominación a tradición da parroquia de Nantes, que son a rúa Con da Romaiña e o Camiño de Ríoboo.
Para o resto dos viais proponse unha denominación numérica por motivos esencialmente prácticos.
O pleno tamén debaterá a proposta do goberno local para os dous días festivos locais do ano 2022, que son o 18 de abril, luns de Pascua e Romaría do Con e o 16 de agosto, día de San Roque.