Ponte Caldelas pecha ao tráfico a Estrada do Balneario para avanzar na súa mellora
Por Redacción
Ao longo desta semana execútanse os traballos para mellorar os itinerarios peonís de Estrada do Balneario co formigonado e o pulido do primeiro tramo, situado entre a Praza de España e o entroncamento coa Praza de Mamá Clotilde, segundo informan desde o Concello de Ponte Caldelas.
Nestas xornadas finalizaba o empedrado das beirarrúas e a aplicación da capa de formigón obriga a pechala ao tráfico ao longo dunha semana para que se realice o secado de maneira óptima.
Esta obra foi adxudicada por 439.389 euros a Asfagal Técnicas Viarias, unha empresa que ofreceu a oferta máis vantaxosa no concurso entre outras 32 propostas. A obra finánciase con fondos da Unión Europea, nun 80%, e o 20% restante corre a cargo da Deputación de Pontevedra.
Coa finalización da obra, a Estrada do Balneario quedará cun vial de sentido único con beirarrúas en pedra, estacionamento en batería, ademais de zonas para aparcamento de autobuses, zonas verdes e mobiliario urbano, segundo o proxecto aprobado polo goberno local.
Relacionadas:
-
A Estrada do Balneario de Ponte Caldelas loce a súa nova imaxe
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas investirá 77.000 euros no novo aparcadoiro detrás da ludoteca
Por Redacción |
-
25 árbores para a reformada Estrada do Balneario
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas presume das obras feitas "a custe cero" para os veciños
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas solicitará unha inxección de liquidez para avanzar nas obras subvencionadas con fondos europeos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas habilita 200 prazas de aparcamento gratuítas no centro da vila
Por Redacción |
-
Aproban a adxudicación de mellora da Estrada do Balneario de Ponte Caldelas
Por Redacción |